(1945) | |
Nome orixinal | (ur) محمد علی جناح (gu) મહમદ અલી ઝીણા |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de decembro de 1876 Karachi (Imperio Británico) |
Morte | 11 de setembro de 1948 (71 anos) Karachi, Paquistán |
Causa da morte | Morte natural (Tuberculose ) |
Lugar de sepultura | Mazar-e-Quaid (pt) |
1º Governor-General of Pakistan (en) | |
15 de agosto de 1947 – 11 de setembro de 1948 – Khawaja Nazimuddin (pt) → | |
President of the Constituent Assembly of Pakistan (en) | |
11 de agosto de 1947 – 11 de setembro de 1948 – Liaquat Ali Khan (pt) → | |
Speaker of the National Assembly of Pakistan (en) | |
11 de agosto de 1947 – 11 de setembro de 1948 – Maulvi Tamizuddin Khan (pt) → | |
Member of the Central Legislative Assembly (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Raj Británico (1876–1947) Paquistán |
Relixión | Sunnismo |
Educación | Lincoln's Inn (en) (1893–1896) Universidade de Oxford (1887–1892) Cathedral and John Connon School (en) |
Actividade | |
Ocupación | avogado , Barrister , loitador pola liberdade |
Partido político | Muslim League (en) (1947–1948) Liga Muçulmana (pt) (1913–1947) Partido do Congresso Nacional Indiano (pt) (1906–1920) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa, Lingua urdú, Lingua sindhi e lingua guxaratí |
Familia | |
Cónxuxe | Rattanbai Jinnah (1918–1929) Emibai Jinnah (1892–1893) |
Fillos | Dina Wadia (pt) () Rattanbai Jinnah (en) |
Pais | Jinnahbhai Poonja (en) e Mitthibai Jinnahbhai (en) |
Irmáns | Fatima Jinnah (pt) |
Parentes | Neville Wadia (pt) (xenro) |
Páxina web | majinnah.com.pk |
Muhammad Ali Jinnah, nado como Mahomedali Jinnahbhai (en gujarati: મહમદ અલી ઝીણાભાઇ) en Karachi o 25 de decembro de 1876 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1948, foi un avogado, político e fundador de Paquistán. Jinnah actuou como líder da Liga Musulmá Panindia dende 1913 ata a creación de Paquistán o 14 de agosto de 1947, sendo o primeiro Gobernador Xeral do país ata a súa morte. Foi coñecido en Paquistán como Quaid-i-Azam ("Gran líder") e Baba-i-Qaum, "Pai da nación"). O día do seu nacemento está considerado festa nacional no país.
Jinnah naceu na mansión Wazir en Karachi, e estudou para avogado no Lincoln's Inn de Londres. Trala súa volta á India Británica, entrou no Bombay High Court, e comezou a interesarse na política nacional, que acabou por substituír a práctica legal. Jinnah acadou prominencia no Congreso Nacional Indio nas dúas primeiras décadas do século XX. Neses primeiros anos da súa carreira política, Jinnah avogou pola unidade hindú-musulmá, axudando á creación do pacto de Lucknow de 1916 entre o Congreso e a Liga Musulmá Panindia, na que Jinnah tamén era prominente. Foi tamén un líder clave na All India Home Rule League, e propuxo un plan de reforma constitucional de catorce puntos para salvagardar os dereitos políticos dos musulmáns. Porén, en 1920, dimitiu do Congreso cando este acordou unha campaña de satyagraha, que consideraba como anarquía política.
En 1940, Jinnah pasara a crer que os musulmáns do subcontinente indio deberían ter o seu propio estado. Ese ano, a Liga Musulmá, liderada por Jinnah, aprobou a resolución de Lahore, que pedía un estado separado. Durante a Segunda guerra mundial, a Liga aumentou a súa forza mentres os líderes do Congreso estaban en prisión, e nas eleccións provinciais de 1946 gañaron a maioría dos escanos reservados para os musulmáns. Finalmente, o Congreso e a Liga non foron quen de lograr unha fórmula de poder compartido para que o subcontinente se mantivese unido nun único estado, levando a todos os partidos a acordar a independencia dunha India predominantemente hindú e un Paquistán de maioría islámica.
Como primeiro Gobernador Xeral de Paquistán, Jinnah traballou para establecer o goberno e as políticas do novo estado, e para axudar os millóns de inmigrantes musulmáns que chegaran dende a India a Paquistán trala independencia, supervisando persoalmente o establecemento de campos de refuxiados. Jinnah faleceu aos 71 anos en setembro de 1948, só un ano despois de que Paquistán obtivese a independencia do Reino Unido. Deixou un profundo e respectado legado en Paquistán. Segundo o seu biógrafo Stanley Wolpert, permanece como o maior líder do país.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muhammad Ali Jinnah |