Nelly Kim Furtado, nada en Victoria, Columbia Británica, Canadá, o 2 de decembro de 1978, é unha cantante, compositora e produtora luso-canadense.
Furtado saltou á fama a finais do ano 2000 ao lanzar o seu álbum debut, Whoa, Nelly!, desprendendo o seu éxito gañador do Grammy por Mellor Actuación Vocal Feminina de Pop, "I'm Like a Bird". Logo de converterse en nai, lanzou Folklore en 2003, un álbum menos exitoso comercialmente, con sinxelos como "Powerless (Say What You Want)", "Try" e "Força", que foi o himno oficial da Eurocopa de Fútbol de 2004.
En 2006 regresa baixo as influencias musicais do produtor Timbaland e lanza o seu álbum máis exitoso Loose, do que se extraen catro grandes éxitos internacionais: "Promiscuous", "Maneater", "All Good Things (Come to an End)" e "Say It Right". En 2009 lanza o seu cuarto álbum e o primeiro en español, Mi Plan con sinxelos como, "Manos al Aire", "Más", "Fuerte" e "Bajo Otra Luz" coa colaboración de Julieta Venegas e La Mala Rodríguez. O álbum recibiu un Grammy Latino por Mellor Álbum Pop Vogal Feminino.
Celebrando os seus 10 anos de carreira lanza, The Best of Nelly Furtado en novembro de 2010 desprendendo o sinxelo "Night Is Young".
Furtado é coñecida por experimentar con diferentes instrumentos, sons, estilos vocais e idiomas. Esta diversidade foi influenciada polo seu gusto musical de grande alcance e o seu interese en diferentes culturas. Vendeu mais de 25 millóns de álbums en todo o mundo, os cales chegaron a ocupar os primeiros postos no Billboard. No 2007 colocouse na lista das mulleres cantautoras máis exitosas de todos os tempos.
Ano | Título | Papel | Notas |
2001 | Roswell | Ela mesma | Interpretando I'm like a bird. |
2006 | Floribella | Ela mesma | Interpretando Maneater. |
2007 | One Life to Live | Ela mesma | Interpretando Say It Right e Promiscuous. |
CSI: NY 3x15 | Ava Brandt | Interpretando a unha criminal profesional acusada de asasinato. | |
Punk'd | Ela mesma | Vítima dunha broma televisiva. | |
2008 | Max Payne | Christa Balder | Esposa do mellor amigo do protagonista. |
2010 | Big Brother Brasil | Ela mesma | Reality show do Brasil. |
Score: A Hockey Musical | Fan de Hockey | Musical canadense de comedia, drama e deportes. |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nelly Furtado |