Nippo jisho

Nippo jisho (日葡辞書)
Autor/aCompañía de Xesús
OrixeXapón
LinguaPortugués e xaponés
Xénero(s)Dicionario
EditorialCompañía de Xesús
Data de pub.1603
EditorJoão Rodrigues

O Vocabvlario da Lingoa de Iapam ou Nippo jisho (xaponés: 日葡辞書; "Dicionario xaponés-portugués") é un dicionario de xaponés, o primeiro elaborado para unha lingua occidental. Foi creado por misioneiros xesuítas lusos e publicado en Nagasaki no 1603. Inclúe 32.000 voces niponas traducidas ao portugués. Existe unha versión en castelán do 1630, e outra francesa do 1869.

Compilación

A Compañía de Xesús, coa colaboración de cristiáns xaponeses, compilou o dicionario ao longo de varios anos. O seu obxectivo era axudar aos misioneiros no estudo do idioma. Pénsase que o organizador do proxecto foi o sacerdote João Rodrigues, autor da primeira gramática nipoa, o Nihon daibunjiten 日本大文辞典 ("Gran dicionario do Xapón", 1604), e do Nihongo kobunten 日本語小文典 ("Breve enciclopedia do xaponés"), unha introdución á lingua para os misionarios. O estilo de transcrición da lingua xaponesa empregado nesta obra serviu de base para o resto de materiais xesuítas elaborados no arquipélago nipón, con escasas alteracións.

Estrutura

As súas entradas están ordenadas alfabeticamente. Cada palabra está transcrita no alfabeto latino, seguindo as convencións portuguesas. Tamén se identifican as palabras propias de dialectos rexionais, as formas faladas ou escritas, as expresións propias de mulleres ou dos nenos, os termos formais e o léxico de orixe budista. Estas indicacións fornecen aos lingüistas actuais de información valiosa sobre a evolución da lingua xaponesa durante o período Sengoku.

A obra tamén recolle datos sobre rimas, pronuncias individuais, significados, usos lingüísticos, nomes de plantas e animais, frases populares e costumes da época.

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Cooper, Michael (1976). "The Nippo Jisho". Monumenta Nipponica 31 (4): 417–430. ISSN 0027-0741. doi:10.2307/2384310. 
  2. Hereditarius (2023-12-28). "João Rodrigues ‘Tçuzu’: Jesuit Interpreter and Diplomat of the East". Medium (en inglés). Consultado o 2024-02-09. 
  3. Cooper, Michael (1974). Rodrigues the Interpreter: An Early Jesuit in Japan and China (en inglés). Weatherhill. ISBN 978-0-8348-0094-6. 
  4. Irwin, Mark (2024). "The Roman Transcription of the Christian Materials with a Focus on Vocabulario da Lingoa de Iapam and Rodrigues’ Arte da Lingoa de Iapam (Morita Takeshi)". Language in Japan 1: 117–130. doi:10.20666/lij.1.0_117. 

Véxase tamén

Ligazóns externas