Nova Gales do Sur (en inglés, New South Wales) é o estado máis antigo e poboado de Australia. Atópase na parte suroriental do país, ao norte de Victoria e ao sur de Queensland. Foi fundado en 1788 e orixinalmente incluíu boa parte da terra de Australia, Nova Zelandia e outras illas da rexión. Con todo, durante o século XIX, separáronse varios territorios deste estado, formando as colonias británicas de Tasmania, Australia Meridional, Victoria, Queensland e Nova Zelandia.
Nova Gales do Sur é coñecida por Port Jackson, que é o porto máis importante da capital, Sidney, onde viven aproximadamente dous terzos da poboación total do estado. Tamén é coñecida por varios pobos pequenos do campo como Tamworth, o "fogar da música country" de Australia.
As súas catro cidades principais son, de norte a sur, Newcastle, Gosford, Sidney e Wollogong, todas elas na costa. Tamén destacan as localidades de Albury, Broken Hill, Dubbo, Tamworth, Armidale, Lismore, Nowra, Griffith, Leeton, Wagga Wagga, Goulburn e Coffs Harbour.
Fisicamente, o estado de Nova Gales do Sur pode dividirse en catro seccións:
A forma de goberno de Nova Gales do Sur é descrita na súa Constitución, que data de 1856, aínda que foi emendada en numerosas ocasións. Desde 1901, Nova Gales do Sur é un estado da Mancomunidade de Australia, e a Constitución australiana regula a súa relación coa Mancomunidade. De acordo coa norma fundamental australiana, Nova Gales do Sur cedeu certos poderes lexislativos e xudiciais á Mancomunidade, pero retivo os demais. Na práctica, no entanto, a autonomía dos estados australianos viuse recortada polo crecente predominio financeiro da Mancomunidade.
O Parlamento do Estado está composto por dous cámaras: a Asemblea Lexislativa (cámara baixa) e o Consello Lexislativo (cámara alta). O xefe de Goberno é o Primeiro Ministro do Estado, actualmente Morris Iemma, do Partido Laborista.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nova Gales do Sur |