Ole Gunnar Solskjær | |||
---|---|---|---|
Solskjær como adestrador do Molde en 2011 | |||
Información persoal | |||
Nacemento | 26 de febreiro de 1973 | ||
Lugar de nacemento | Kristiansund | ||
Altura | 1.78 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Molde (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
1989–1990 | Clausenengen | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1990–1995 | Clausenengen | 109 | (115) |
1995–1996 | Molde | 38 | (31) |
1996–2007 | Manchester United | 235 | (91) |
Total | 381 | (237) | |
Selección nacional | |||
1995–2007 | Noruega | 67 | (23) |
Adestrador | |||
2008–2011 | Manchester United Reserves | ||
2011–2014 | Molde | ||
2014 | Cardiff City | ||
2014– | Clausenengen (xuvenil) | ||
2015– | Molde | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. | |||
Ole Gunnar Solskjær, nado o 26 de febreiro de 1973 en Kristiansund, é un ex-futbolista e adestrador noruegués, que xogou como dianteiro no Manchester United e na selección de Noruega, coa que marcou vinte e tres goles nas súas sesenta e sete participacións entre 1995 e 2007.
Converteuse en xogador profesional no seu país, no Clausenengen FK, primeiro como centrocampista e logo xa como dianteiro. En 1994 fichou polo Molde FK no que xogou dúas tempadas, marcando 31 goles en 42 partidos. E logo pasou ao Manchester United, onde foi o protagonista da vitoria do Manchester contra o FC Bayern München na final da Liga de Campións da UEFA de 1999. Outro dos seus encontros máis salientables foi contra o Nottingham Forest na tempada 1998-1999 ao marcar catro goles en doce minutos.
O 28 de agosto de 2007 anunciou a súa retirada da competición pero permaneceu no club como preparador de ataque. Posteriormente Ole Gunnar Solkjær foi adestrador do Molde FK, entre 2010 e 2014, logo de adestrar aos reservas do Manchester United de 2008 a 2010. O 31 de outubro de 2011 o Molde FK converteuse en campión de Noruega por primeira vez na súa historia, despois de acadar sete veces o segundo lugar. Repetiu o ano seguinte ao lograr un novo campionato para o Molde malia a forte oposición do Rosenborg BK.
En xaneiro de 2014, converteuse en adestrador do equipo galés do Cardiff City F.C. da Premier League, substituíndo a Malky Mackay. No mercado de inverno fíxose con varios xogadores noruegueses que estiveran baixo as súas ordes no Molde FK: Magnus Eikrem, Mats Møller Dæhli e Jo Inge Berget. Despois de nove meses renunciou o 18 de setembro de 2014, sinalando unha "diferenza de filosofía sobre o xeito de dirixir o club" co presidente do equipo.
O 21 de outubro de 2015 converteuse outra volta no adestrador do Molde FK, firmando por tres anos e medio.