Pietro Badoglio

Infotaula de personaPietro Badoglio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1871 Editar o valor em Wikidata
Grazzano Badoglio, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Grazzano Badoglio, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of Italian Africa of the Kingdom of Italy (en) Traducir
24 de febreiro de 1944 – 18 de xuño de 1944
← Melchiade GabbaIvanoe Bonomi →
Minister of Foreign Affairs of the Kingdom of Italy (en) Traducir
11 de febreiro de 1944 – 17 de xuño de 1944
← Raffaele GuarigliaIvanoe Bonomi →
Prime Minister of the Kingdom of Italy (en) Traducir
25 de xullo de 1943 – 17 de xuño de 1944
← Benito MussoliniIvanoe Bonomi →
Embaixador
Senador do Reino de Italia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1956)
Reino de Italia (1871–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , diplomático , militar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1892 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Rama militarRegia Aeronautica Editar o valor em Wikidata
Rango militarmariscal Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial, Segunda guerra ítalo-etíope, segunda guerra mundial, Pacificação da Líbia (pt) Traducir e Guerra Ítalo-Turca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Addis Abeba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMario Badoglio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMario Badoglio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Antoinetta Pittarelli (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPietro Badoglio (en) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Discogs: 5202099 Find a Grave: 65114738 Editar o valor em Wikidata

Pietro Badoglio, nado en Grazzano Monferrato o 28 de setembro de 1871 e finado no mesmo lugar, rebautizado como Grazzano Badoglio na súa honra, o 1 de novembro de 1956, foi un político e militar italiano. Mariscal do exército, substituíu a Benito Mussolini como presidente do Consello de Ministros de Italia tras o golpe de estado do 25 de xullo de 1943, e conduciu a Italia a que saíse da segunda guerra mundial.

Traxectoria

Comezos

Naceu en Grazzano Monferrato, unha pequena localidade da rexión do Piemonte, de pai terratenente e nai burguesa. Despois de estudar na Academia Militar de Turín, serviu no Exército desde 1892, primeiro como tenente de artillaría durante as campañas de Eritrea (1896) e Libia (1912), onde se distinguiu na Batalla de Zanzur.

Ao inicio da participación do Reino na primeira guerra mundial tiña o grao de tenente coronel, ascendendo despois ao de xeneral polos seus servizos na toma do Monte Sabotino en maio de 1916. En 1918 xa era axudante do comandante en xefe, a pesar de ser parcialmente responsable do desastre en Caporetto do 24 de outubro de 1917.

Entreguerras

Durante a posguerra foi elixido senador, aínda conservando o seu grao militar, o que lle permitiu desempeñar cargos especiais en Romanía e Estados Unidos en 1920 e 1921. Foi nun primeiro momento opositor ao réxime de Benito Mussolini, aínda que logo apoiouno. Nesta estapa foi designado embaixador no Brasil, para despois regresar a Italia e ocupar o cargo de xefe do Estado Maior do Exército a partir do 4 de maio de 1924. Entre 1929 e 1933 foi destinado como gobernador de Tripolitania. En 1936 substituíu o xeneral Emilio de Bono á fronte da invasión de Etiopía. Autorizou a utilización de gas mostaza contra o inimigo e finalmente conquistou Adís Abeba, o que supuxo a fin desta guerra. Polo seu logro foi nomeado duque de Adís Abeba, de onde exerceu como vicerrei.

Segunda guerra mundial

Opúxose ao acordo do Pacto de Aceiro coa Alemaña nazi, xa que consideraba improbable a posibilidade dunha vitoria en caso de guerra. Unha vez comezada a contenda, renunciou en decembro de 1940 ao seu cargo como resultado do pobre papel desempeñado polas tropas italianas na invasión de Grecia. Xerarcas fascistas acusárano de ser o responsable do fracaso da ofensiva italiana en Grecia e, tras tratar de solicitar en balde o apoio do rei mediante un simulacro de dimisión o 27 de novembro de 1940, cesou como xefe do Estado Maior italiano poucos días máis tarde. Substituíuno no cargo o xeneral Ugo Cavallero.

Rendición italiana

Tras o desembarco angloamericano en Sicilia do 9 de xullo de 1943, o país viuse conmocionado pola noticia. Isto provocou a crise do goberno fascista que desembocaría o 25 de xullo, tras unha reunión do Gran Consello Fascista, na destitución de Mussolini como presidente do goberno por parte do rei Víctor Manuel III, que nomeou no seu lugar a Badoglio. As súas primeiras medidas foron declarar a lei marcial, ademais de iniciar negociacións directas e secretas cos Aliados, que se levaron a cabo en Lisboa, co fin de chegar a un armisticio.

O 8 de setembro, Estados Unidos fixo público (obviando as súplicas de Badoglio) o armisticio asinado en segredo por Italia cinco días antes. A oposición de Badoglio debíase á perigosa situación na que se atopaba Italia, xa que era consciente de que as proximidades de Roma e os arredores de lugares estratéxicos do territorio italiano aínda non ocupado polos Aliados (Italia central e setentrional) eran controlados por tropas alemás.

Ese mesmo día, ás 19:45, Badoglio dirixiuse por radio á nación para dar a coñecer o armisticio. Á noitiña, a familia real e parte do goberno decidiron fuxir a Pescara por temor á reacción alemá. Desde alí a Mariña transportounos a Brindisi a bordo da fragata Baionetta, onde se estableceu unha nova sede baixo protección aliada. O 8 de xuño de 1944, tras a liberación de Roma, o Comité de Liberación Nacional solicitou a substitución de Badoglio como presidente do goberno por estar intimamente ligado co réxime fascista. Foi substituído á fronte do goberno por Ivanoe Bonomi, que xa ocupara tal cargo entre 1921 e 1922.

Últimos anos

Tras a súa substitución como presidente do goberno, Badoglio retirouse da vida pública e faleceu en 1956 na súa localidade natal, Grazzano Monferrato, que en 1939 fora rebautizada como Grazzano Badoglio na súa honra.

Notas

  1. Cervi 1972, p. 171.
  2. Cervi 1972, p. 172.
  3. Rick Atkinson (2007), pp. 192-197

Véxase tamén

Bibliografía