Pobo baskir | |
---|---|
Parella baskir en 1872. | |
Poboación | |
Poboación total: c 2 millóns | |
Rexións principais: | |
Rusia | 1 584 554 |
Casaquistán | 17 263 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua baskir e ruso |
Relixión | Sunnismo |
Grupos relacionados | Outros pobos turcos, especialmente tártaros e casacos |
Os baskires (en baskir: Башҡорттар, Başqorttar, en ruso: Башкиры, Baškiry) son un grupo étnico turco que habita en Bashkortostán, a ámbolos dous lados dos Urais, na área entre Europa Oriental e o norte de Asia. Tamén existen comunidades baskires na República de Tatarstán, Krai de Perm, Chelyabinsk, Orenburg, Tyumen, Sverdlovsk, Kurgan e outras rexións de Rusia, así como en Casaquistán e noutros países.
A maioría dos baskires falan o baskir, estreitamente relacionada co tártaro e co casaco, que pertence á póla kipchak das linguas turcas. Os baskires teñen moitas afinidades culturais con outros pobos turcos, e a súa relixión é maioritariamente o islam sunnita.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo baskir |