Pobo checo | |
---|---|
Checos | |
Poboación | |
Poboación total: c 10-12 millóns | |
Rexións principais: | |
República Checa | 6 732 104–9 246 784 |
Estados Unidos | 1 462 000 |
Canadá | 94 805 |
Alemaña | 60 000 |
Israel | 50 000 |
Arxentina | 45 000 |
Reino Unido | 45 000 |
Austria | 40 324 |
Italia | 40 000 |
Francia | 38 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua checa |
Relixión | Maioría irrelixiosa Cristianismo: catolicismo, husitas, luteranismo e outros. |
Grupos relacionados | Outros pobos eslavos. |
Os checos (en checo: Češi, masculino singular: Čech, feminino singular: Češka) son un grupo étnico eslavo nativa da República Checa, en Europa Central. Os checos comparten uns devanceiros, unha cultura, unha historia e unha lingua comúns, a lingua checa.
Os checos étnicos tamén foron chamados bohemios até o século XX, facendo referencia ás terras de Bohemia, que á súa vez debe o seu nome á tribo celta da Idade de Ferro dos boios. Durante o Período das Migracións, a tribo eslava occidental dos bohemios asentouse na área "asimilando as poboacións celtas e xermánicas", un formou un principado no século IX, que formou parte de Moravia, primeiro na forma do Ducado de Bohemia e despois como Reino de Bohemia, os predecesores da moderna república.
A diáspora checa está presente en numerosos países como os Estados Unidos de América, o Canadá, Israel, Austria, Alemaña, Eslovaquia, Suíza, Italia, o Reino Unido, Australia, Arxentina e o Brasil.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo checo |