Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tempada | 2022–23 |
---|---|
← 2021–22 2023–24 → |
A tempada 2022-23 da Primeira División Española é a 92ª edición do campionato de fútbol organizado en España pola Liga de Fútbol Profesional. Comezou o 12 de agosto de 2022 (a segunda fin de semana de agosto) e finalizará o 4 de xuño de 2023. Por mor da celebración do Mundial de Catar, celebrado excepcionalmente en decembro por causa das altas temperaturas estivais no país asiático, haberá unha interrupción do campionato ligueiro entre novembro e decembro de 2022, de xeito que as dúas competicións non coincidan.
Un total de 20 equipos disputan a liga: os participantes da Primeira División de España 2021-22, os dous primeiros clasificados da Segunda División de España 2021-22 e o vencedor dunha promoción disputada a tal efecto entre o 3.°, 4.º, 5.º e 6.º clasificado da Segunda División de España 2021-22.
|
|