Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León ![]() | ||||
Capital | Zamora ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 174.544 (2018) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua asturiana lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10.559 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Pena Trevinca (2.127 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Deputación de Zamora ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 49 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-ZA ![]() | ||||
Código NUTS | ES419 ![]() | ||||
Código INE | 49 ![]() | ||||
Páxina web | diputaciondezamora.es ![]() | ||||
![]() ![]() |
A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.
O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 198.028 habitantes (2005). Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.
A provincia nace como tal co establecemento da División territorial de España en 1833, sendo adscrita á rexión do Reino de León. Parte dos seus territorios antes formaban parte doutras provincias como a de Valladolid e a extinta provincia de Toro.
As comarcas da provincia son:
Os municipios da provincia están agrupados nas seguintes mancomunidades:
A provincia limita coas seguintes provincias: ao norte e sur coas provincias de León e Salamanca respectivamente , ao Leste coa Valladolid, e ao oeste coa galega Ourense e tamén co distrito portugués de Braganza.
Comprendida na submeseta norte, o seu territorio presenta numerosos contrastes. Destaca unha zona montañosa ao norte, parte dos Montes de León, con alturas que chegan aos 2.127 m (Pena Trevinca). Na zona occidental da provincia, a Serra de La Culebra rexistra alturas de ata 1.243m (Pena Mira) e acolle no seu seo a Reserva Nacional de Caza do seu mesmo nome, con importantes poboacións de lobo ibérico (as máis significativas da península), cervos e xabaríns, entre outros. Ao SO da provincia o río Douro discorre encaxonado nunha garganta denominada Las Arribes del Duero con desniveis de ata 200 m, constituíndo unha fronteira natural con Portugal. A zona centro, leste e sur presenta a típica chaira meseteña.
A hidrografía provincial está fortemente marcada polo Douro, que a atravesa de leste a oeste, e os seus afluentes: Valderaduey, Esla, Órbigo, Teira, Cea, Aliste, (estes 4 últimos afluentes do Esla), Guareña, Tormes. A excepción constitúea o río Bibei, afluente do Sil, que discorre pola zona máis noroccidental da provincia. As augas do Douro, do Teira, do Esla, do Bibei e do Tormes foron embalsadas ao longo do seu curso pola provincia para aprovechamiento hidroeléctrico, sendo os encoros de maior capacidade o de Almendra no Tormes e o de Ricobayo no Esla. De particular interese son o Lago de Sanabria, o maior da península de orixe glaciar e as Lagoas de Villafáfila, de carácter estepario, con importantes concentracións de aves en determinadas épocas do ano. Existen augas mineiro-medicinais nas vilas de Almeida, Ribadelago (Bouzas) e Calabor.
O idioma predominante é o castelán, mais tamén se conserva o leonés en zonas como Sanabria, Benavente, Aliste,, Sayago. O seu arraigo é maior canto máis ao noroeste e máis disperso canto máis ao sur e leste Nos vales do Tuela e o Bibei fálase galego (concellos de Porto, Hermisende, Pías, Lubián), onde ten cotas de emprego superiores ao 95%.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Zamora ![]() |