Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Saxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt | ||||
Rural district of Saxony-Anhalt (en) | Harz (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 23.313 (2022) (193,55 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 120,45 km² | ||||
Bañado por | Bode | ||||
Altitude | 123 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Frank Ruch (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 06484 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 3946 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | quedlinburg.de |
Colexiata, castelo e cidade vella de Quedlinburg | |
---|---|
Castelo de Quedlinburg | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Alemaña |
Tipo | Cultural |
Criterios | IV |
Inscrición | 1994 (18ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 535 |
Quedlinburg é unha cidade de Alemaña do Land de Saxonia-Anhalt. En 2011 tiña 22 137 habitantes. Quedlinburg é o principal conxunto de casas de vigas entramadas de Alemaña, polo que o conxunto formado pola colexiata, o castelo a a cidade vella de Quedlinburg foi declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade no ano 1994. A cidade conta cun conxunto, único no mundo, de mil duascentas casas con trabes entramadas, que foron construídas ao longo de seis séculos, ao redor da praza do mercado, coa Casa Consistorial (barroca), o castelo e a igrexa diocesana, co tesouro catedralicio.
A cidade de Quedlinburgo foi unha das capitais do Sacro Imperio Romano Xermánico en tempos da dinastía saxoa ou dos otónidas. Desde a Idade Media converteuse nunha próspera cidade de mercadores. O número, a calidade e o estado de conservación dos seus edificios de trabes entramadas fan dela un exemplo excepcional de cidade europea medieval. A colexiata de San Servasio é unha obra mestra da arquitectura románica.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quedlinburg |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |