Reis Magos

Infotaula de personaReis Magos
Biografía
Lugar de sepulturaCatedral de Colonia
Saveh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónRei
Día de festividade relixiosa24 de xullo
6 de xaneiro Editar o valor em Wikidata


Os Reis Magos (tamén coñecidos como os Magos de Oriente) é o nome polo que tradicionalmente se denomina aos visitantes que, tras o nacemento do Neno Xesús, acudiron desde países estranxeiros para renderlle homenaxe e entregarlle agasallos de gran riqueza simbólica: ouro, incenso e mirra.

Tradición

Nalgúns países (como en Galicia) existe a tradición de representaren os reis traendo os agasallos que os nenos lles pediron nas súas cartas durante a noite anterior á Epifanía. En Galicia a lenda dos Reis Magos foi substituíndo ao longo dos últimos séculos o apalpador, figura propia mítica ligada á tradición do Nadal da que só fican testemuñas nas comarcas orientais de Galicia.

Reis Magos, en México

Orixe

Adoracións dos Reis. Resto dun baldaquino, hoxe na parede dunha casa de Ponte Arnelas (Ribadumia)

O nome de magos provén do latín magi e este do grego μάγοι. Este termo, sen ter o mesmo significado que o actual, era un título que se lle daba ás castes sacerdotais do zoroastrismo. Como parte da súa relixión, estes sacerdotes prestaban unha especial atención ao estudo das estrelas, e gañaron unha reputación internacional pola astroloxía.

A figura dos Reis Magos ten a súa orixe nos relatos do nacemento de Xesús, algúns dos devanditos relatos foron integrados dos evanxeos canónicos que hoxe conforman o Novo Testamento da Biblia. Concretamente o Evanxeo de Mateu é a única fonte bíblica que menciona uns magos (aínda que non especifica o número nin o título de "reis") quen, tras seguir unha estrela, buscan o rei dos xudeus que naceu en Xerusalén, guiándolles, a antedita estrela, ata Xesús nacido en Belén, e a quen ofrecen ofrendas de ouro, incenso e mirra. As tradicións antigas que non foron recollidas na Biblia, por exemplo o chamado Evanxeo da infancia de Tomé do século II, con todo, dan o seu número e asígnanlles nome: Melchor, Gaspar e Baltasar, posiblemente sacerdotes zoroastristas provenientes de Persia. Os nomes son ademais diferentes segundo a tradición siríaca. Segundo posteriores interpretacións os Magos foron considerados orixinarios de África, Europa e de Asia.

Non é ata o século XV cando Baltasar pasará a ser representado como unha persoa de cor ou incluso de etnia india.

Galería de imaxes

Notas

  1. Lôpez Gonçâlez, José André, O Apalpador: personagem mítico do natal galego a resgate, revista Vagalume da Asociación Galega Corredor del Henares, 2001, consultable tamén en Portal Galego da Língua (.pdf).

Véxase tamén

Outros artigos