Nome orixinal | (es) Rómulo Gallegos Freire |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de agosto de 1884 Caracas, Venezuela |
Morte | 7 de abril de 1969 (84 anos) Caracas, Venezuela |
Lugar de sepultura | Panteão Nacional da Venezuela (pt) |
Senador vitalicio | |
23 de xaneiro de 1961 – 5 de abril de 1969 | |
Presidente de Venezuela | |
17 de febreiro de 1948 – 24 de novembro de 1948 ← Rómulo Betancourt – Carlos Delgado Chalbaud (pt) → | |
Member of the Chamber of Deputies of Venezuela (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Venezuela |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Central de Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , novelista , político , xornalista |
Partido político | Ação Democrática (pt) |
Membro de | |
Xénero artístico | Novela |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Rómulo Galegos Freire, nado en Caracas o 2 de agosto de 1884 e finado na mesma cidade o 5 de abril de 1969, foi un escritor e político venezolano. Formouse na Universidade Central de Venezuela.
Na Enciclopedia da Emigración Galega en liña mencionan que na Memoria do Ministerio de Relacións Interiores, referíndose á fundación o 9 de febreiro de 1945 do Lar Gallego de Caracas por Mosqueira Manso entre outros, nomearon socios de honra a Andrés Eloy Blanco e a Rómulo Gallegos, e subliñan:
a profunda relación do presidente e escritor Rómulo Gallegos Freire, descendente de galegos e que pasara tres veráns exilado en Beluso, Bueu, e o Ministro de Relacións Exteriores, o poeta Andrés Eloy Blanco Meaño, descendente tamén de galegos e afervoado defensor da República española.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Está considerado o novelista venezolano máis relevante do século XX e un dos máis grandes literatos latinoamericanos de todos os tempos. Algunhas das súas novelas como Doña Bárbara pasaron a converterse en clásicos da literatura hispanoamericana.
Exerceu o cargo de Presidente de Venezuela en 1948 por escasos nove meses, e converteuse no primeiro mandatario presidencial do século XX elixido de maneira directa, secreta e universal polo pobo venezolano, e foi o Presidente da República que obtivo a maior porcentaxe de votos ao seu favor en eleccións populares celebradas no país en todos os tempos, con máis do 80% da totalidade dos votos. Foi apartado do poder debido ao golpe de Estado de 1948, liderado por Carlos Delgado Chalbaud.
Entre 1960 e 1963 foi o primeiro presidente da recentemente creada Comisión Interamericana de Dereitos Humanos.
Entre outros, levan o nome de Rómulo Gallegos:
A Galicitas posúe citas sobre: Rómulo Gallegos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rómulo Gallegos |