Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
O termo sociedade civil, como concepto da ciencia social, designa á diversidade de persoas que, con categoría de cidadáns e xeralmente de maneira colectiva, actúan para tomar decisións no ámbito público que consideran a todo individuo que se acha fóra das estruturas gobernamentais.
A sociedade civil concíbese como o espazo de vida social organizada que é voluntariamente autoxenerada, independente, autónoma do estado e limitada por unha orde legal ou xogo de regras compartidas. Involucra a cidadáns actuando colectivamente nunha esfera pública para expresar os seus intereses, paixóns e ideas, intercambiar información alcanzando obxectivos comúns.
A sociedade civil é un universo que abarca a todos os individuos como iguais. A sociedade civil adquire unha importancia posterior en todos os beneficios que pode achegar á comunidade de individuos como o é na xeración de empregos, no fomento da conciencia crítica e na procura de equilibrio dos poderes.