Nome orixinal | (de) Theodor Storm (de) Hans Theodor Woldsen Storm |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de setembro de 1817 Husum |
Morte | 4 de xullo de 1888 (70 anos) Hanerau-Hademarschen (pt) |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de estómago ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia Ducado de Schleswig (pt) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín (1838–) Universidade de Kiel (pt) (1837–1838) Hermann-Tast-Schule (en) (1826–1835) Katharineum (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta , avogado , novelista , escritor |
Xénero artístico | Novela e poema |
Movemento | Realismo literario |
Alumnos | Ferdinand Tönnies |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pai | Johann Casimir Storm (pt) |
Premios | |
Páxina web | storm-gesellschaft.de |
Hans Theodor Woldsen Storm, nado o 14 de setembro de 1817 en Husum (Schleswig-Holstein), daquela parte de Dinamarca (hoxe Alemaña) e finado o 4 de xullo de 1888 en Hademarschen, foi un escritor xermano-dinamarqués en lingua alemá.
Storm naceu en Husum (die graue Stadt am grauen Meer, "a cidade gris á beira do mar gris"), na costa occidental de Schleswig-Holstein. Mentres era estudante de dereito, publicou o seu primeiro volume de obras en verso, canda os irmáns Tycho e Theodor Mommsen. Traballou como avogado en Schleswig-Holstein, pero emigrou a Thuringen en 1851, e non regresou até 1864, cando Schleswig-Holstein volveu ser alemán.
Escribiu varias historias, poemas e novelas. As súas dúas obras máis coñecidas con Immensee (1849) e Der Schimmelreiter (traducida ó galego como O xinete do cabalo branco), publicada por vez primeira en abril de 1888 no Deutsche Rundschau. Outras obras publicadas inclúen un volume de poemas (1852), a novela Pole Poppenspäler (1874) e mais Aquis submersus (1877), tamén novela.
Os seus poetas favoritos eran Joseph von Eichendorff e Eduard Mörike, e a influencia do primeiro é notable. Durante unha visita a Baden-Baden no verán de 1864, convidado polo seu amigo, o escritor e pintor Ludwig Pietsch, coñeceu a Iván Turgénev. Durante varios anos intercambiaron correspondencia e copias dos seus traballos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Theodor Storm |