A Transfiguración de Xesús é un episodio do Novo Testamento no cal Xesús é transfigurado (ou "metamorfoseado") e se torna "radiante" no alto dunha montaña. Os evanxeos sinópticos e unha epístola fan referencia ao evento. Nestes relatos, Xesús e tres dos seus apóstolos, Pedro, Santiago e Xoán, van a unha montaña (coñecida como Monte da Transfiguración). Alí, Xesús comeza a brillar e os profetas Moisés e Elías aparecen ao seu lado, conversando con el. Xesús é entón chamado "Fillo" por unha voz no ceo - presuntamente Deus Pai - como xa ocorrera antes no seu bautismo.
A Transfiguración é un dos milagres de Xesús nos evanxeos, distinto dos demais pois, neste caso, o obxecto do milagre é o propio Xesús. Tomé de Aquino consideraba a Transfiguración como o "maior dos milagres", unha vez que el complementou o bautismo e mostrou a perfección da vida no ceo. A Transfiguración é tamén un dos cinco grandes puntos da vida de Xesús na narrativa dos evanxeos (os outros son o bautismo, a crucifixión, a resurrección e a ascensión).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transfiguración de Xesús |