Deporte | Ciclismo |
---|---|
Nome | Union Cycliste Internationale |
Fundación | 14 de abril de 1900 |
Ámbito | Mundial |
Sede | Aigle, Suíza |
Socios | 185 |
Presidente | Brian Cookson |
Na rede | |
http://www.uci.ch | |
A Unión Ciclista Internacional (UCI) é a asociación de federacións nacionais de ciclismo. Foi creada o 14 de abril de 1900 en París integrando inicialmente ás federacións de Francia, Bélxica, Italia, Suíza e Estados Unidos de América sendo o seu primeiro presidente o belga Emile de Beukelaer.
Actualmente a sede da UCI está en Aigle (Suíza) e o presidente en funcións é dende setembro do 2013 o británico Brian Cookson.
A UCI foi fundada o 14 de abril de 1900 en París polas organizacións nacionais de ciclismo de Francia, Bélxica, Italia, Suíza e os Estados Unidos.
En 1965, presionados polo Comité Olímpico Internacional, a Unión Ciclista Internacional dividiuse en dúas federaciós coordinadas pola UCI: a "Federación Internacional de Ciclismo Afeccionado" (FICA) e a "Federación Internacional de Ciclismo Profesional" (FICP). A Federación de Afeccionados colocou a súa sede en Roma, a Federación Profesional en Luxemburgo e a UCI en Xenebra.
A Federación de afeccionados era a máis grande das dúas novas organizacións, xa que contaba con 127 membros diferentes de cinco continentes. Estaba dominada polos países de Europa do leste, que na súa maioría eran afeccionados. Ademais, as carreiras dos Xogos Olímpicos eran só para afeccionados. Estes ciclistas só se enfrontaban aos profesionais en raras ocasións.
En 1992, a UCI unificou a FIAC e a FICP, fusionándoas dentro dela. Toda a organización trasladou a sede a Lausana.
A función principal que realiza a UCI é a de promover e favorecer o ciclismo como deporte en todos os seus hámbitos e apoiar ao colectivo de ciclistas que levan a cabo o deporte. Outras das funcións principais son:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Unión Ciclista Internacional |