A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou ao 2013 como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga e o ano internacional da Matemática do planeta Terra (non é un ano internacional recoñecido pola ONU, conta co apoio da UNESCO).
Foi o ano internacional da Quinua pola FAO e o ano da Serpe segundo o horóscopo chinés, foi o Ano da Fe, segundo a Igrexa católica e o ano de Luigi comezou neste ano segundo Nintendo, acabando en marzo de 2014.
En Talín (Estonia), o transporte público empeza a ser gratuíto para os seus cidadáns, sendo así, o primeiro estado da Unión Europea en ofrecer esta alternativa.
Unha avalancha humana causa polo menos 60 mortos en Costa do Marfil nos festexos de ano novo.
Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.
Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.
A secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, exhorta o goberno comunista de Laos, para que abra unha investigación co fin de coñecer o paradoiro dun activista social nese país, Somphone Sombath, quen desapareceu na capital, Vientiane, en decembro de 2012.
En Colombia o ELN atribúese o secuestro de cinco enxeñeiros, entre eles dous peruanos e un canadense no norte de Bolívar.
22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.
23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.
26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.
Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos, 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior.
Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.
O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de po duns 800 m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.
2 de febreiro - En Paraguai, o candidato presidencial, Lino Oviedo, falece nun accidente aéreo, cando retornaba da cidade de Concepción á capital, Asunción. O Goberno de Federico Franco iniciou unha investigación para esclarecer cales foron exactamente as causas do accidente.
12 de febreiro - Corea do Norte realizou a proba nuclear máis grande da súa historia, ocasionando un sismo de 5,0 graos Richter.
15 de febreiro - Hai 1491 feridos (112 hospitalizados), a maioría pola onda de choque producida polo estalido que causou a creba de cristais, ventanais e danos materiais en edificios en Cheliabinsk, ao sur dos Urais por impacto de meteorito en Rusia. Horas despois, o asteroide 2012 DA14 pasa a 27.860 quilómetros da Terra, sendo así, o obxecto espacial de maior tamaño que se achegara tanto á Terra.
En Romanía, o presidente do denominado Instituto de Investigación dos Crimes do Comunismo e da Memoria do Exilio Romanés, Andrei Muraru, anunciou que se presentará ao Parlamento Nacional un proxecto de lei para prohibir as organizacións e símbolos comunistas. Esta declaración foi moi cuestionada por, segundo os críticos, unha lei como esa violaría a liberdade de expresión e que se intenta impedir un réxime como o do desaparecido expresidente, Nicolae Ceaușescu, o cal tamén transgrediu os dereitos humanos.
Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.
Accidente aéreo deixa decenas de mortos na República Democrática do Congo. O avión veuse abaixo sobre un barrio residencial, cando estaba a punto de aterrar na cidade de Goma, ao leste do país.
Rebeldes sirios secuestran 21 soldados filipinos da ONU, mentres inspeccionaban un posto de observación danado na fronteira dos Altos do Golán.
Un accidente aéreo deixa 9 falecidos no Perú, nas proximidades de Lima e Cuzco. A avioneta quedou completamente destruída polo mal tempo de tormentas eléctricas e caeu moi cerca de Tacna.
7 de marzo - En Libia decenas de homes armados asaltaron o canal de televisión Al Asema, en Trípoli, e secuestraron cinco xornalista. Así mesmo, os agresores destruíron parte dos equipos do canal, que deixou de emitir temporalmente tras o ataque.
9 de marzo - En Kenya, Uhuru Kenyatta é elixido presidente na primeira volta co 50,07% dos votos. A Corte Suprema determinará se o resultado anunciado pola IEBC (Comisión Electoral Independente) é legal.
10 de marzo - Corea do Norte anulou o Tratado de Non Agresión coa súa veciña Corea do Sur. Dito armisticio finalizou a guerra de Corea, polo tanto, a súa anulación significa que ambas nacións quedan novamente en estado de Guerra
Na batalla de Alepo, úsanse por primeira vez armas químicas na guerra civil siria, deixando 26 mortos e 86 feridos, moi posiblemente por culpa de Al-Assad.
En Mogadixo (capital somalí) un atentado terrorista preto do Palacio Presidencial, chamado Vila Somalia, deixa entre 7 e 10 mortos. Os perpetradores conduciran un vehículo cargado de explosivos até cerca doutro (libre de explosivos) e ao estalar incendiou un minibus urbano onde pereceron as vítimas. O ataque tería como branco un camión, onde se encontraban funcionarios gobernamentais, segundo algunhas testemuñas.
20 de marzo - En Cidade de Panamá (capital panameña) desátase un incendio no vertedoiro de lixo máis grande da cidade, Cerro Patacón. O fume esténdese por case toda a cidade provocando severos danos ambientais. As autoridades e corpos especiais traballan para manter o sinistro baixo control.