Uombat Vombatus ursinus Rango fósil: mioceno tardío - presente | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vombatus ursinus tasmaniensis, en Maria Island, Tasmania | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Vombatus ursinus (Shaw, 1800) | |||||||||||||||||||||||
Área de dispersión do uombat
|
O uombat (Vombatus ursinus), é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes e familia dos vombátidos.
É o único representante vivo do xénero Vombatus, endémico do sueste de Australia, onde ten unha área de dispersión descontinua e fragmentada do sueste de Queensland ao sueste de Australia do Sur no continente, e nas illas de Flinders e Tasmania. Encóntrase desde o nivel do mar até altitudes dos 1 800 m.
O uombat ten a aparencia dun pequeno oso (de aí o seu nome específico), moi musculado e coas patas moi curtas.
A coloración da súa pel pode ser beigue, parda, negra ou gris. Mide até 1,20 m de longo e 70 cm de alto, e pesa entre os 20 e os 35 kg.
Como todos os marsupiais, ten unha bolsa ventral ou marsupio, que contén un só par de mamas. Este marsupio ten a vantaxe, para un escavador de tobos, que se pode pechar para que a terra non entre nel. Ademais ten un escudo, unha placa ósea nas nádegas, debaixo da pel; cando un depredador o persegue, pecha a entrada do seu tobo con este escudo.
A súa fórmula dentaria é 1.0.1.4 / 1.0.1.4.
O uombat é fitófago, alimentándose de herbas, raíces, fungos e cascas de árbore e arbustos. Os seus dentes incisivos (similares aos dos roedores), son de crecemento continuo, característica que só se dá entre os vomátidos, a diferenza do que ocorre nos outros marsupiais.
Ten un metabolismo extraordinariamente lento: tarda ao redor de dúas semanas en facer a dixestión, o que o axuda a vivir nos seus ambientes áridos.
Ademais, non adoita moverse con rapidez; porén, é un animal áxil e veloz que, en caso necesario, pode facilmente superar a un home en carreira (pode alcanzar até os 40 km/h e manter esa velocidade durante 90 segundos). Aínda que son animais principalmente crepusculares e nocturnos, aventúranse tamén a buscar alimento durante o día, cando vai frío ou o día e moi nubrado.
O período de xestación adoita durar uns 20 ou 21 días. Despois do parto, as crías viven no ben desenvolvido marsupio seis ou sete meses; aos 15 meses de idade son destetados. Alcanzan a idade reprodutiva aos 18 meses.
Os uombats escavan extensos tobos cos seus dentes incisivos e as súas poderosas garras. Ocupan territorios ao redor dos seus tobos, que defenden contra os intrusos. Este territorio pode cubrir até 23 hectáreas.
A súa principal defensa contra un depredador baixo terra é esmagalo contra o teito do túnel até que o invasor deixa de respirar.
Non se deixan ver tan facilmente como outros animais, pero si adoitan deixaren pegadas visíbeis do seu paso, como as súas típicas bostas cúbicas.
O xénero Vombatus foi descrito por primeira vez en 1803 polo naturalista francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire, nun traballo publicado no Bull. Sci. Soc. Philom. Paris, 72: 185.
En canto á súa única especie, Vombatus ursinus, descrbíraa en 1800 o botánico e zoólogo británico George Kearsley Shaw, en Gen. Zool. Syst. Nat. Hist., 01 (2, Mammalia): 504, co nome Didelphis ursina.
Posteriormente reclasificouse dentro do xénero Vombatus.
O nome científico do xénero, Vomabatus é a adptación ao latín científico do termo inglés wombat, que provén da lingua eora falada pola comunidade aborixe que vivía na rexión de Sydney.
O epíteto específico, ursinus, deriva do latín ursus -i, 'oso'.
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero tamén se coñece polos sinónimos seguintes:
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse ao longo da historia polos sinónimos:
Na especie Vombatus ursinus distínguense tres subespecies, aínda que a súa distinción é algo incerta:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uombat |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Uombat |