Vendsyssel-Thy

Vendsyssel-Thy
Nørrejyske Ø
Vendsyssel-Thy: Thy ao oeste, Hanherred (coas cidades Fjerritslev e Brovst) no medio, e Vendsyssel ao leste e ao norte
Situación
PaísDinamarca Dinamarca
RexiónRexión Nordjylland
MarSkagerrak
Coordenadas57°6′N 9°30′L / 57.100, -9.500Coordenadas: 57°6′N 9°30′L / 57.100, -9.500
Xeografía
Superficie4.685 km²
Demografía
CapitalHjørring (24.963 hab.)
Poboación296.700 (2014)
Bandeira de Vendsyssel

Vendsyssel-Thy, é unha illa de Dinamarca, a parte máis ao norte do país, situada ao norte da península de Iutlandia.. Xeograficamente, é a segunda maior illa de Dinamarca, logo de Selandia (se excluímos Groenlandia). Está separada de Iutlandia polo Limfjord, pero a separación non foi total ata unha inundación acaecida en 1825. A illa alberga os distritos de Vendsyssel, Hanherred e Thy. Tradicionalmente, contémplase máis como unha parte de Iutlandia que como unha illa en si mesma.

Historia

A illa foi creada o 3 de febreiro de 1825, cando o Mar do Norte alagou o delgado istmo de Agger Tange polo suroeste, cortando a área da actual illa a Iutlandia e creando a canle de Agger.

Xeografía

A illa consiste en tres paisaxes tradicionais:

  • Vendsyssel, a parte máis grande, ao leste e ao norte,
  • Thy, a parte máis pequena no oeste,
  • Hanherrederne ou Hanherred, o istmo central que conecta Vendsyssel e Thy.

Desde o 1 de xaneiro de 2007, coa reforma municipal danesa, estas áreas xunto con Himmerland e as illas de Mors e Læsø constitúen a rexión Nordjylland, sendo a máis pequena das 5 rexións danesas segundo poboación.

Características da illa

  • Área: 4.685 km²
  • Poboación: 296.700 habitantes (2014)
  • Maiores cidades:
Vendsyssel: Hjørring, Frederikshavn, Skagen, Brønderslev, Sæby, Hirtshals, Løkken, Nørresundby (parte norte de Aalborg)
Hanherred: Fjerritslev, Brovst
Thy: Thisted, Hanstholm, Hurup