Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
O voleibol praia é un deporte practicado na area da praia, nun campo dividido en dúas metades por unha rede. Cada un dos equipos tenta pasar sobre a rede un balón, que os adversarios devolven sen deixar caer na súa metade. É un deporte moi popular en diversos países, principalmente no Brasil e nos Estados Unidos de América.
Nos diversos campionatos realizados por todo o mundo, hai modalidades para equipos de dous a catro atletas. Nos Xogos Olímpicos só se disputa a modalidade con equipos de dous atletas, nas versións masculina e feminina.
O voleibol praia evolucionou a partir dos xogos de voleibol disputados socialmente nas praias de Santa Monica (California), na década de 1920, e chegou a Europa na década seguinte. Na década de 1940, disputábanse dous torneos amadores nas praias de Santa Monica onde mais tarde se tentou, sen éxito, comezar un campionato profesional. Tamén en Santa Monica, durante a década de 1970 comezaran a realizarse algúns torneos profesionais, patrocinados por empresas de cervexa e cigarros. En 1996, nos Xogos Olímpicos de 1996, o voleibol de praia pasou a integra-lo programa dos Xogos Olímpicos. Na categoría feminina, a primeira medalla douro na modalidade foi conquistada por unha parella brasileira, Jacqueline Silva e Sandra Pires, tendo como medalla de prata as tamén brasileiras Mónica Rodrigues e Adriana Samuel. Os dobres de portugueses Miguel Maia e João Brenha conseguiron dúas cuartas posicións consecutivas, nos xogos de 1996 e de Sidney 2000.
Caracteriza este deporte a súa adecuación ao contorno e temperatura, polo que os xogadores visten cadanseu traxe de baño e xogan descalzos. Tamén se caracteriza polo uso de música de ambiente, e abundancia de publicidade, mesmo na rede de división do campo.
O tamaño do campo foi de 18 m por 9 m, mais actualmente é de 16 m por 8 m. Sendo disputado por dous xogadores de cada lado, ten algunhas regras diferentes do voleibol tradicional. A bóla do voleibol ten o mesmo peso, de 260 a 280 gramos, mais a presión interna é menor.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Voleibol praia |