Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
Un burócrata é un administrador que ten permisos de software para, entre outras cousas, ascender calquera usuario rexistrado a administrador e calquera administrador a burócrata. Esta función dos burócratas é a única na Wikipedia que ninguén pode reverter, agás os stewards, todos ligados a outras wikipedias.
Os burócratas escóllense mediante votación e só poden chegar a ser burócratas usuarios que xa son administradores. Actualmente, na Galipedia, existen 2 burócratas (ver a Lista de burócratas). Os burócratas non toman a decisión de nomear administradores, que lle corresponde á comunidade: limítanse a outorgarlles os permisos cando son nomeados.
O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de burócrata é de 2. Esta é a lista completa e actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou a través do Taboleiro dos administradores.
A lista seguinte actualízase manualmente:
Burócratas activos
Burócratas inactivos (desde hai máis de 6 meses)
|
Antigos burócratas |