Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1922 Vigo, España |
Morte | 21 de febreiro de 1994 (71 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto , mestre |
Empregador | Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Macamen Blanco García |
Pai | Pepe Bar |
Irmáns | Luis Bar Boo |
Premios |
Xosé Bar Boo, nado en Vigo o 25 de setembro de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1994, foi un arquitecto galego.
Era fillo do futbolista Pepe Bar e irmán do actor Luis Bar Boo.
Obtivo o título de Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid no ano 1957 e o grao de doutor en 1960. En Vigo levou a cabo a maior parte do seu labor profesional. En 1957 deseñou para a súa familia o edificio Plastibar, considerado unha icona da arquitectura moderna de Galicia. Bar Boo residiu no edificio ata o seu pasamento. Na súa obra destaca o uso da pedra, especialmente as pezas de granito que habitualmente só se empregaban para realizar peches en leiras.
En 1973 foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do que foi decano entre os anos 1977 e 1979, vicepresidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Foi activista pola protección do medio ambiente, e en 1974 foi un dos fundadores de ADEGA.
A súa parella, Macamen Blanco, fundou a asociación Alecrín e a primeira casa de Vigo para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Obtivo o Premio da Crítica Galicia no ano 1981 e o Concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Bar Boo |