Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1960 (64 anos) Ivano-Frankivsk, Ucraína (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética Ucraína |
Educación | Instituto de Literatura Maxim Gorki Ukrainian Academy of Printing (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, Ukrainian literature (en) , ensaio e tradución |
Ocupación | escritor , tradutor , poeta , ensaísta |
Partido político | People's Movement of Ukraine (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua ucraína, lingua rusa, lingua alemá, lingua polaca e lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | Sofia Andrukhovych (pt) |
Premios
| |
Yuri Andrujóvich (en ucraíno: Ю́рій І́горович Андрухо́вич), nado en Stanislav, Ucraína o 13 de marzo de 1960, é un escritor ucraíno, xornalista e tradutor, que se destacou polas súas novelas, poemas e ensaios.
Estudou xornalismo no Instituto de Poligrafía de Ucraína en Lviv, onde se diplomou en 1982; posteriormente terminou tamén os Cursos Superiores Literarios do Instituto de Literatura Maksim Gorki de Moscova (1991).
Fixo o servizo militar no exército soviético en 1983-84 e esa experiencia foi reflectida máis tarde nos seus contos.
Comezou a súa carreira literaria con poesías que apareceron en diversas revistas e o primeiro libro que publicou foi un poemario —Небо і площі (en galego, Ceo e nubes)—, en 1985. Ese mesmo ano cofunda, cos escritores Víctor Neborak e Oleksandr Irvanets, o grupo poético BuBaBu —cuxas siglas están tomadas das primeiras sílabas das palabras ucraínas para "Bufonería", "Farsa" e "Burlesco"—, do que é considerado patriarca. En 1987 saíu o seu primeiro libro de narrativa, unha recompilación de contos, e en 1992 publicou a súa primeira novela.
Aínda que promotor da lingua e identidade ucraína, non se lle adoita considerar dentro dos nacionalistas. En entrevistas, proclamou que respecta tanto o ruso como o ucraíno no seu país e autotraduciuse ao ruso.
Foi vicepresidente da Asociación de Escritores Ucraínos desde a súa fundación en 1997 —como alternativa á Unión de Escritores de Ucraína, de tradición soviética— até o ano 2000.
As súas obras foron traducidas a numerosos idiomas.
Traduciu a Shakespeare e a autores alemáns, estadounidenses e rusos. Traduciu do polaco, entre outros, a poesía de Czesław Milosz , así como aos escritores Tadeusz Konwicki e Bruno Schulz.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yuri Andrujovich |