Zamborca Alosa alosa | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alosa alosa | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Alosa alosa (Linnaeus, 1758) |
A zamborca, Alosa alosa, (Linnaeus 1758), é un peixe da familia dos clupeidos, da orde dos clupeiformes, tamén coñecido como sabela, tasca, nai da sardiña ou sábalo.
Ten un corpo comprimido lateralmente, relativamente alto, e alcanza ata 70 cm de lonxitude como máximo e os 2,7 kg de peso, nas femias (os machos son menores).
As escamas son grandes e delgadas, e no ventre forman unha quilla dura.
Posúe unha única aleta dorsal, con de 18a 21 raios brandos. A aleta anal está sustentada por de 19 a 25 raios, tamén brandos, e por 15 ou 16 as pectorais.
A cor do corpo é azul escura no lombo, aclarando nos flancos e a zona ventral a agrisada ou prateada. Presenta unha mancha negra tras o opérculo, e de 5 a 10 pequenas manchas aliñadas tras dela.
Caracterízase por presentar varias estrías radiais no opérculo, e por posuír de 90 a 12 branquispinas no primeiro arco branquial.
É unha especie peláxica que nada formando cardumes en augas profundas, distribuíndose polas costas europeas do Atlántico, desde o sur de Noruega e Suecia ata o extremo norte africano, atravesando o estreito de Xibraltar e penetrando no Mediterráneo ata Sicilia.
Reprodúcese entre maio e xuño, subindo polos ríos para desovar. Os exemplares novos permanecen en auga doce ata os dous anos aproximadamente.
Aliméntase de zooplancto.
A presenza da zamborca nas nosas augas foi citada por primeira vez por Cornide en 1788, como Clupea alosa. Máis tarde, en 1919, tamén aparece con este nome como presente no alfoz do Miño por Ducloux en de Buen, e o propio de Buen, en 1935, tamén a rexistra en toda Galicia. Xa como Alosa fallax, cítana Lozano y Rey en 1947; Fernández et al. en 1979 en fondos da plataforma continental desde os 100 aos 200 m, desde a desembocadura do Miño até Fisterra; Fariña et al., en 1983, en fondos da plataforma menores de 200 m, desde o Miño até a Estaca de Bares e, finalmente, Sánchez e Pereiro, en 1992, en toda Galicia en fondos de 100 a 200 m.
Antigamente era moi abundante en Galicia, onde se pescaba sobre todo no Miño durante os meses de marzo, abril e maio. Tabares cita que, no ano 1928, se capturaron 132 000 toneladas deste peixe. Actualmente só realiza a desova nos ríos Miño, Ulla e Umia, e as súas capturas diminuíron de forma drástica, ao igual que noutros países europeos, posibelmente debido ao aumento da temperatura da auga na época de acceso ás zonas de reprodución (consecuencia do cambio climático), á presión pesqueira exercida nas desembocaduras dos ríos e á contaminación crecente.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zamborca |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Zamborca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zamborca |