Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 Guangdong, República Popular da China |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Educación | Universidade Renmin da China |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e filosofía política |
Ocupación | Filósofo e profesor universitario |
Período de actividade | Séculos XX e XXI |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Chinés |
Premios |
Zhao Tingyang (chinés simplificado: 赵汀阳; pinyin: Zhào Tīngyáng), nado en Guangdong no 1961, é un filósofo político contemporáneo. É recoñecido por modernizar o antigo concepto chinés de tianxia (天下, "todo baixo o ceo").
Zhao Tingyang graduouse pola Universidade Renmin da China e pola Academia Chinesa de Ciencias Sociais. Actualmente, é profesor no Instituto de Filosofía da Academia Chinesa de Ciencias Sociais e membro do Instituto de Investigación Berggruen da Universidade de Pequín. Foi tamén membro distinguido do Instituto Harvard-Yenching no ano 2013.
As súas principais áreas de investigación son a metafísica, a ética e mais a filosofía política. No ano 2005, publicou unha das súas obras máis recoñecidas Tianxia tixi (天下体系, "O sistema tianxia"). Segundo Zhao, o sistema tianxia presupón a inclusión de todas as persoas, e implica a aceptación da diversidade do mundo, poñendo a énfase na dependencia harmónica e recíproca e no goberno baseado na virtude como medios para unha paz duradeira.