Zifio de Gervais Mesoplodon europaeus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mesoplodon europaeus na superficie do mar | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Mesoplodon mirus (Gervais, 1855) | |||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Mesoplodon mirus
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O zifio de Gervais, Mesoplodon bidens, tamén coñecido na bibliografía internacional como zifio europeo, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos, unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.
A especie foi descrita en 1855 polo paleontólogo e entomólogo francés François Louis Paul Gervais, baixo o nome de Dioplodon europaeus, na páxina 320 da súa obra Histoire naturelle des Mamifères. 2. Ordre des Cétacés. París: L. Curmer.
Para a do xénero, véxase Mesoplodon.
O epíteto específico, europaeus, débese que Gervais describiu a especie nas costas europeas, concretamente, nas do Canal da Mancha en Inglaterra.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Nalgún momento entre 1836 e 1841, un capitán dun dos barcos do comerciante e armador francés Abel Vautier encontrou un grande animal flotando na entrada do Canal da Mancha, co corpo cuberto por un enxame de gaivotas. Cortoulle a cabeza e levouna a Caen, onde lla presentou a Vautier. Vautier, á súa vez, mostrouna ao anatomista Deslongchamps. E o espécime dalgunha maneira abriuse camiño até o científico francés Paul Gervais, quen o describiu como unha nova especie en 1855. Durante varias décadas, esta mantívose como o único espécime coñecido desta especie, e moitos ignoraron o seu estado específico e afirmaron que simplemente representaba unha forma aberrante de zifio de Sowerby adulto. A identidade da especie foi confirmada polo descubrimento de dous espécimes en Nova Jersey, un macho inmaturo capturado cerca de Atlantic City en 1889 e unha femia adulta encontrada varada en Long Branch en 1905.
As principais características de Mesoplodon europaeus son:
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Esta especie, ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polo sonar das mariñas e as exploracións sísmicas. En particular, varios varamentos masivos atípicos de zifios, incluídos os zifios de Gervais, asociáronse con actividades navais: de mediados a finais da década de 1980 nas Illas Canarias, en marzo de 2000 nas Bahamas, e novamente en setembro de 2002 durante unha manobra naval da OTAN cun sonar de baixa frecuencia ao redor das Canarias.
Evidencias de individuos varados de varias especies, incluída Mesoplodon europaeus, indican que tragaron obxectos de plástico desbotados, o que eventualmente pode conducir á morte.
A caza directa nunca se asociou con esta especie. Porén, as pescarías con redes de enmalle e palangre en toda a área de distribución da especie espertan a preocupación de que é probábel que se produzan capturas incidentais. Incluso niveis baixos de captura incidental poderían causar impactos neste grupo de cetáceos.
O impacto previsto do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC) considera que hai pouca información sobre a abundancia da poboación desta especie, e ningunha sobre a evolución da súa tendencia. Non se cre que sexa pouco frecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións. Por iso cualifica o status da especie como DD (datos insuficientes).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zifio de Gervais |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zifio de Gervais |