Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1915 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 7 de marzo de 1999 (83 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafo , crítico literario , romanista , xornalista , lingüista , político |
Partido político | Partido Socialista Brasileiro |
Membro de | |
Lingua | Lingua portuguesa |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Antônio Houaiss, nado no Río de Xaneiro no 15 de outubro de 1915 e finado ibídem no 7 de marzo de 1999, foi un destacado intelectual brasileiro - filólogo, crítico literario, tradutor, diplomático, enciclopedista e ministro de Cultura do Brasil no goberno de Itamar Franco.
Houaiss era o quinto de sete fillos dunha parella de inmigrantes libaneses, Habib Assad Houaiss e Malvina Farjalla, radicados no Río de Xaneiro. Aos dezaseis anos comezou a ensinar portugués, actividade que desenvolveu ao longo da súa vida.
Autor de dezanove libros, Houaiss organizou e elaborou dúas das enciclopedias máis importantes xamais feitas no Brasil, a Delta-Larousse e a Mirador Internacional. Publicou dous dicionarios bilingües inglés-portugués, organizou a primeira edición do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa (VOLP), pola Academia Brasileira de Letras. Entre os seus traballos de tradución destaca a novela Ulises, de James Joyce . Ocupou varios cargos importantes como presidente da Academia Brasileira das Letras, ministro de Cultura no goberno do presidente Itamar Franco e membro da Academia das Ciencias de Lisboa. A revista Veja mesmo o definiu como o "maior estudoso das palabras en lingua portuguesa dos tempos modernos".
En febreiro de 1986 iniciou o proxecto do Gran Dicionário Houaiss da lingua portuguesa, a súa obra mestra. Houbo unha interrupción de cinco anos, por falta de recursos económicos, desde 1992 até marzo de 1997, cando fundou o Instituto Antônio Houaiss de Lexicografía e Banco de Datos da Lingua Portuguesa S/C Ltda, con Francisco Manoel de Mello Franco e Mauro de Salles Villar. Antônio Houaiss morreu o 7 de marzo de 1999 e o traballo lexicográfico foi rematado polo Instituto en decembro de 2000. O Gran Dicionario Houaiss da lingua portuguesa saíu á luz en 2001.
Segundo fontes brasileiras e portuguesas, o apelido Houaiss pronúnciase, en portugués, "uáiss " - ou, en representación técnica, ou , no Internacional Alfabeto Fonético. O apelido, de orixe libanesa, escríbese no Brasil de diferentes xeitos, dende as formas portuguesas Uais ou Huais, até a forma francesa Houaiss. O seu segundo apelido, Assad, está relacionado coa familia Assad de Siria, como Bashar al-Assad, e pronunciase igual.
Houaiss foi o quinto ocupante do asento número 17 da Academia Brasileira das Letras, elixido o 1 de abril de 1971, sucedendo a Álvaro Lins. Recibiuna o académico Afonso Arinos de Melo Franco o 27 de agosto de 1971, e recibiu aos académicos Antonio Callado e Sérgio Paulo Rouanet.
O maior logro acadado por Houaiss foi o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1990, no que combinou as súas dúas carreiras —a de diplomático, membro do servizo exterior brasileiro e a de lingüista —, e que se dirixiu ao seu punto de vista internacional-esquerdista, criticado entre outros por Paulo Francis, un dos ideólogos da dereita brasileira.