Esteiro, Muros

Esteiro
Esteiro.
ConcelloMuros
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°47′38″N 8°58′54″O / 42.79388889, -8.98166667Coordenadas: 42°47′38″N 8°58′54″O / 42.79388889, -8.98166667
Poboación2.036 hab. (2013)
Entidades de poboación15

Santa Mariña de Esteiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Muros. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.036 habitantes (985 homes e 1.051 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.273 habitantes.

Historia

A primeira noticia escrita sobre a parroquia é do ano 1607, motivada pola visita do Cardeal de Santiago Jerónimo del Hoyo en que se refire ao lugar como Santa Mariña e cita que daquela tiña 29 fregueses (uns 150 habitantes), mentres que Tal (parroquia lindeira da que Esteiro deixou de ser anexo en 1956) tiña 32 veciños.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Esteiro

Lugares da parroquia de Esteiro no concello de Muros (provincia da Coruña)

O Areal | Creo | Fontenla | A Formilla | Fornelos | A Insuela | A Laxe | Lestelle | O Maio | Marselle | A Pendente | O Portiño | Reboredo | A Ribeira de Creo | A Ribeira do Maio | A Ribeira do Uía | Riomaior | A Silvosa | Solleiros | Somorto | Tras da Costa | Trión | O Uía | Xantoque

Parroquias de Muros

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros

Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos