Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1941 (82 anos) Dublín, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , actriz de cinema , actriz de televisión |
Período de actividade | 1965 - |
Lingua | Lingua inglesa e lingua irlandesa |
Premios | |
Fionnghuala Manon Flanagan, nada en Dublín o 10 de decembro de 1941, é unha actriz irlandesa que traballou de xeito moi prolífico no teatro, cinema e televisión.
Criouse en Dublín xunto cos seus pais, Rosanna e Terence Niall Flanagan e os seus catro irmáns. Fala irlandés e inglés de xeito fluído. Aínda que os seus pais non eran falantes nativos do primeiro, querían que ela e mailos seus irmáns o aprendesen. Flanagan foi educada en Suíza e Inglaterra, e formouse no Abbey Theatre de Dublín. Viaxou por toda Europa antes de radicar finalmente nos Ánxeles en 1968.
Flanagan apareceu xunto a Helen Mirren en Some mother's son, un filme de 1996 escrito e dirixida por Terry George, onde interpretou a nai dun folguista de fame do Exército Republicano Irlandés (IRA). Posteriormente, nun acto conmemorativo presentado polo partido político Sinn Féin en Dublín, Flanagan pronunciou un discurso para os republicanos irlandeses e os seus familiares falecidos durante o último episodio do Conflito de Irlanda do Norte.
Flanagan e o seu esposo (dende 1972), Garrett O'Connor, tamén un nacionalista irlandés, son coñecidos por ofrecer festas para a comunidade irlandesa de Estados Unidos na súa casa de Hollywood Hills.
Título | Ano | Personaxe |
---|---|---|
Kill the Irishman | 2011 | --- |
The Guard | 2010 | Eileen Boyle |
A Christmas Carol | 2009 | Mrs. Dilber |
The invention of lying | 2009 | Martha |
Di que si | 2008 | Tillie |
Slipstream | 2007 | Bette Lustig |
Four Brothers | 2005 | Evelyn Mercer |
Transamerica | 2005 | Elizabeth Schupak |
Divine Secrets of the Ya-Ya Sisterhood | 2002 | Aimee Malissa «Teensy» Whitman |
The Others | 2001 | Bertha Mills |
Walking Ned | 1998 | Annie O'Shea |
Some Mother's Son | 1996 | Annie Higgins |
Youngblood | 1986 | Miss McGill |
A aventura dos Ewoks | 1984 | Catarine Towani |
In the region of ice | 1976 | A irmá |