(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Gian Franco Corsi Zeffirelli 12 de febreiro de 1923 Florencia, Italia |
Morte | 15 de xuño de 2019 (96 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | Doenza |
Lugar de sepultura | Cimitero delle Porte Sante (en) |
Senador de Italia | |
21 de abril de 1996 – 29 de maio de 2001 Lexislatura: 13th Legislature of Italy (en) Circunscrición electoral: Catania | |
Senador de Italia | |
27 de marzo de 1994 – 8 de maio de 1996 Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) Circunscrición electoral: Catania | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Franco Zeffirelli |
Residencia | Roma |
País de nacionalidade | Italia |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Florencia |
Actividade | |
Campo de traballo | Directing (en) e dirección de cine |
Lugar de traballo | Roma Italia |
Ocupación | director teatral , actor , libretista , produtor de televisión , produtor de cinema , guionista , político , director de cinema , realizador |
Período de actividade | 1950 - 1999 |
Partido político | Força Itália (pt) Democracia Cristã (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana |
Premios
| |
Páxina web | francozeffirelli.it |
|
Gianfranco Zeffirelli, nado en Florencia o 12 de febreiro de 1923 e finado en Roma o 15 de xuño de 2019, foi un director e produtor de cinema e ópera italiano. Foi tamén senador (1994–2001) polo partido Forza Italia.
Zeffirelli naceu nos arredores de Florencia, froito da relación entre a deseñadora de moda Alaide Garosi e o repartidor de la e seda Ottorino Corsi. Como ambos os dous estaban casados, Alaide non puido empregar nin o seu apelido nin o de Corsi para o seu fillo. Finalmente escolleu "Zeffiretti", que son as “pequenas brisas” mencionadas na ópera de Mozart Idomeneo, mais foi mal deletreado no rexistro e converteuse en Zeffirelli. Cando tiña seis anos morreu a súa nai e foi criado por unha comunidade de ingleses expatriados e viuse envolto particularmente co grupo Scorpioni, que inspirou o filme semiautobiográfico Tea with Mussolini (1999).
Graduouse na Accademia di Belle Arti Firenze en 1941 e por consello do seu pai entrou na Universidade de Florencia para estudar arte e arquitectura. Tralo inicio da segunda guerra mundial loitou como partisano antes de reunirse cos soldados británicos e converterse no seu intérprete. Trala guerra volveu á universidade para continuar os seus estudos, mais tras ver Henry V de Laurence Olivier en 1945 a súa atención pasou ao teatro.
Mentres traballaba como pintor de escena en Florencia, coñeceu e foi contratado por Luchino Visconti, que o converteu en axudante de director de La Terra trema, estreado en 1948. Os métodos de Visconti tiveron un fondo impacto no traballo posterior de Zeffirelli. Traballou tamén con Vittorio De Sica e Roberto Rossellini. Na década de 1960 fíxose un nome deseñando e dirixindo as súas propias obras en Londres e Nova York e axiña traspasou as súas ideas ao cinema.
O seu primeiro filme foi A muller indomable (1967), orixinariamente pensado para Sophia Loren e Marcello Mastroianni mais finalmente protagonizado polas estrelas de Hollywood Elizabeth Taylor e Richard Burton, que axudaron á produción e recibiron unha porcentaxe dos beneficios en lugar do seu salario normal. Mentres montaba o filme, Florencia sufriu unha gravísima inundación. Un mes máis tarde Zeffirelli estreou a curtametraxe Florence: Days of Destruction, para acadar fondos para recuperarse do desastre.
O grande éxito de Zeffirelli chegou o ano seguinte cando presentou dous adolescentes como protagonistas de Romeo and Juliet (1968). O filme volveuse moi popular e ningún traballo posterior tivo o mesmo impacto.
Tralas dúas adaptacións de Shakespeare pasou ao cinema de temas relixiosos con Brother Sun, Sister Moon (1972), sobre a vida de Francisco de Asís e a miniserie Jesus of Nazareth (1977), que supuxo un éxito e foi emitida frecuentemente na televisión nos anos posteriores.
Despois de dous filmes contemporáneos, na década de 1980 dirixiu adaptacións de óperas á pantalla, con estrelas como Plácido Domingo, Teresa Stratas, Juan Pons e Katia Ricciarelli. Volveu a Shakespeare con Hamlet (1990), co entón heroe de acción Mel Gibson como protagonista.
Desde a década de 1950 Zeffirelli dirixiu óperas en Europa e nos Estados Unidos.
En 1996 fixo pública a súa homosexualidade, mais preferiu ser discreto sobre a súa vida privada.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franco Zeffirelli |