Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde abril de 2015.) |
Tetum Tetun, Lia-Tetun | ||
---|---|---|
Falado en: | Timor Leste, Indonesia, Australia, Portugal, Reino Unido | |
Rexións: | Sueste asiático | |
Total de falantes: | 800 mil | |
Familia: | Austronesia malaio-polinesia (MP) MP nuclear MP centro-oriental Timor-babar Timor nuclear ? Timor-Leste ? Tetúnica Tetum | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Timor Leste | |
Regulado por: | Instituto Nacional de Linguística | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | tet
| |
ISO 639-2: | tet
| |
Mapa | ||
Status | ||
O tetum é unha lingua austronesia falada en Timor Leste. É a lingua nacional e co-oficial do país, e como a maioría das linguas autóctonas da illa, ten moitas palabras derivadas do portugués e do malaio.
O primeiro tetum, xa se estabelecera como lingua franca antes da chegada dos portugueses, aparentemente en consecuencia da conquista da parte oriental da illa polo imperio dos Belos e da necesidade dun instrumento de comunicación común para os trocos comerciais.
Coa chegada dos portugueses á illa, o tetum absorbe vocábulos portugueses e malaios e intégraos no seu léxico, tornándose unha lingua crioula e simplificada—nace así o tetún-praza.
Moi cedo, a finais do século XIX, os xesuítas de Soibada tiñan xa traducido ó tetum parte da Biblia e, en 1913, o gobernador da colonia tiña tentado introducir o tetum no sistema educativo timorense, é xa en 1981 a Igrexa Católica adopta esta lingua na liturxia.
Aínda que o portugués fose a lingua oficial do entón Timor Portugués, o tétum-praça serviu como lingua franca, collendo gran parte do seu vocabulario do portugués. Cando Indonesia invadiu e ocupou Timor Leste en 1975, declarandoo a vixésimo sétima provincia da República co nome Timor Timur, o uso do portugués foi prohibido. Mais a Igrexa Católica, en vez de adoptar a lingua indonesia como lingua litúrxica, adoptou o tetum, tornándoo nun piar da identidade cultural e nacional.
Actualmente, o tetum é a lingua con maior expresión en Timor Leste. A pesar de que o tétum-praça posúe variacións rexionais e sociais, hoxe o seu uso está estendido porque é comprendido por case toda a poboación timorense. E este tétum-praça é o que foi adoptado como "lingua oficial" coa designación de Tétum Oficial.
A gramática do tetum é relativamente fácil, xa que non hai xéneros, nin conxugacións de verbos, nin artigos definidos. Entón feto pode traducirse por 'muller' ou 'a muller'. Da mesma maneira, non se usa o plural habitualmente para os nomes, aínda que sexa posible usar a palabra sira ('eles') para dar maior énfase.
No caso de palabras de orixe portuguesa úsase o plural distinto, co sufixo s:
Non hai verbos como 'ser', 'estar' nin 'ficar', mas pódese usar a palabra la'ós (literalmente 'non é') para indicar o negativo.
Da mesma maneira, maka (que se traduce aproximadamente como 'é que')
O participio pasado non é usado habitualmente excepto para énfase, cando a palabra ona ('xa') se engade ao fin da frase.
Como o malaio, o tetum usa dúas formas de 'nós': ami (equivalente a 'kami' en malaio) que é exclusivo, e ita (equivalente a 'kita' en malaio), que é inclusivo.
As primeiras obras sobre ortografía do tetum son de orixe portuguesa. Data de 1889 a publicación do primeiro dicionario de tetum, o Diccionario de Portuguez-Tetum do padre Sebastião Maria Aparício da Silva. Xa no século XX, en 1907, da man de Rafael das Dores, publícase o Diccionario Teto-Portuguez. Manuel Patrício Mendes e Manuel Mendes Laranjeira colaboran nun novo Dicionário Tétum-Português, en 1935. Artur Basílio de Sá, en 1952, publica as súas Notas sobre linguística timorense: Sistema de representação fonética.
Sendo obras de portugueses, nunha época en que o único medio de instrución autorizado nas escolas timorenses era o portugués, o obxectivo dos autores residía en definir sistemas ortográficos de tipo fonético, para axudar ós estranxeiros a falaren tetum, e non tanto en dotar ós timorenses dun medio literario indíxena. Seguen ortografías algo conservadoras, por regra observando as convencións portuguesas. Porén, introducen tamén diversas innovacións, algunhas das cales foron gañando raíz nos hábitos locais de escrita que remataron por ser integradas na ortografía oficial actual.
As primeiras tentativas de creación dunha ortografía propia con vista a tornar o tetum nunha lingua nacional e oficial só chegaran coa época da descolonización, comezando coa campaña de alfabetización, desenvolvida polo curto goberno de Fretilin en 1975, coa publicación de Como vamos alfabetizar o nosso povo Mau Bere de Timor-Leste polo Comité da Fretilin para a Literacia.
En 1980, con Timor Leste transformado en Timor Timur e o portugués xa prohibido, a Comisión Litúrxica da Diocese de Díli edita diversos leccionarios e un Ordinário da Missa: Texto Oficial Tétum. Desde 1975 e ata 1996 un grupo de lingüistas internacionais e timorenses asentados en Australia, a Comisión Internacional para o Desenvolvemento de Timor Leste, prepara os Princípios de Ortografia Tétum: Sistema Fonémico e publica o Standard Tetum-English Dictionary do Dr. Geoffrey Hull.
Estes traballos foron completados entre 2001 e 2002 polo Instituto Nacional de Linguística (INL), autoridade lingüística do país, que publicou Matadalan Ortográfiku ba Tetun Nasionál e Hakerek Tetun Tuir Banati, estabelecendo unha ortografía normalizada, en parte baseada nas reformas ortográficas introducidas pola Fretilin.
Estes incluíran a simplificación de palabras portuguesas, por exemplo, a educação transliterada como edukasaun, a combinación de letras 'ch' é transliterada como 'x', por exemplo chá, é escrita como xá; a eliminación das consoantes mudas en palabras herdadas do portugués, por exemplo, istória (historia), batizmu (bautismo), asaun (acción), projetu (proxecto) e a transliteración do 'lh' e do 'nh' en português para 'll' e 'ñ', consecuentemente, senhor en portugués tórnase señór en tetum e trabalhador tórnase en traballadór. Moitas desta solucións, como se ve, son compartidas co galego.
O uso dos dígrafos portugueses 'lh' e 'nh' constituía unha das maiores fraquezas dos sistemas ortográficos do tetum, debido á falta neste, ao contrario do portugués, dun 'h' aspirado. Pero alén diso, moitas linguas de Timor Leste teñen auténticas secuencias consonantais 'lh' e 'nh', en moitos casos como fonemas vulgares.
Como o obxectivo foi o de crear unha ortografa pan-timorense, que fose aplicable ás diversas linguas nacionais, era imperativo encontrar novos símbolos para substituír 'lh' e 'nh' de orixe portuguesa. Algúns lingüistas favoreceran 'ly' e 'ny', mas outros consideráranos demasiado próximos do indonesio. Propúxose a introdución dun diacrítico para distinguir 'l' e 'n' como fonemas independentes e polivalentes, especialmente colocando un mácron sobre o 'l' e o 'n' indicando que son consoantes longas. Con todo, tales símbolos non facilitaban o uso informático, polo que acabou por optarse polo 'ñ' e polo 'll', como en galego.
O tetum é comparable, pola forte compoñente lexical allea, a linguas como:
O nome en tetum de Timor Leste é Timór Lorosa'e, ou o 'país do sol nacente'.
Algunhas palabras (en tetum, portugués e galego, cando é diferente do portugués):
Palabras derivadas do portugués:
Palabras derivadas do malaio:
As palabras malaias e portuguesas para os números son tamén usadas frecuentemente en tetún.
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua tetum |