Coordenadas: 9°30′S 135°0′L / -9.500, -135.000
Mar de Arafura | |
---|---|
Arafura Sea | |
Localización administrativa | |
Estado | Indonesia Papúa Nova Guinea Australia |
División | provincia de Molucas (IDN) Provincia Occidental (PNG) Estado de Queensland e Territorio do Norte (AUS) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Asia-Oceanía |
Illa/s | Illas Tanimbar |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar do Coral (E), mar de Timor (O), mar de Banda (NE) e mar de Ceram (NE) |
Afluentes | Norman (420 km), Roper (>500 km), Flinders (840 km), Gilbert (610 km ) e Mitchell (750 km) (AUS) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Carpentaria (AUS) (PNG) |
Características | |
Superficie | 700.000 km² |
Lonxitude máxima | 1.290 km |
Anchura máxima | 560 km |
Profundiade máxima | 200 m |
Profundidade media | 50 m |
Outros datos | |
Áreas protexidas | Parque nacional de Wasur (IDN) Parque nacional Kakadu e Parque nacional Garig Gunak Barlu (AUS) |
Mapa | |
Localización do mar de Arafura | |
O mar de Arafura é un brazo pouco profundo do océano Pacífico que cobre a plataforma continental entre Australia e Nova Guinea.
O mar de Arafura está arrodeado, ao leste, polo estreito de Torres e a través del comunícase co mar de Coral; ao sur, polo golfo de Carpentaria; ao oeste, polo mar de Timor; e, ao noroeste, polo mar de Banda e o mar de Ceram. Cunha superficie duns 700.000 km2, ten unha lonxitude duns 1290 km e un ancho de 560 km e unha profundidade entre 50 e 80 m, aumentando cara ao oeste. Ao ser un mar tropical pouco profundo, as súas augas son propicias para a formación de ciclóns tropicais.
O mar atópase sobre a plataforma mariña de Arafura, parte da plataforma de Sahul. Durante a última era glacial ao ser moi baixo o nivel do mar, a plataforma de Arafura, o golfo de Carpentaria e o estreito de Torres formaban unha gran ponte de terra que conectaba Australia e Nova Guinea, facilitando a migración dos humanos desde Asia cara a Australia. Estas masas de terra combinadas reciben o nome de continente de Sahul.
É potencialmente un sitio adecuado para a pesca de demersais, animais que viven no fondo mariño. Posto que posúe un gran ecosistema mariño, no 2002, creouse o Foro experto dos mares de Arafura e Timor (polas súas siglas en inglés: ATSEF) para promover unha xestión sostible dos mesmos tanto desde un punto de vista económico como en canto do coidado do medio ambiente.
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Arafura como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asínalle o número de identificación 48h e defíneo do seguinte xeito:
No Norte.
O límite sueste do mar de Ceram (48 f) e o límite oriental do mar de Banda (48 g).
No Leste.
A costa sur de Nova Guinea desde Karoefa (133°27'L) á entrante do río Bensbak (141°O1'L), e desde alí unha liña até o extremo noroeste da península de York, Australia (11°05'S, 142°03'L).
No Sur.
Pola costa norte de Australia desde o extremo noroeste da península de York até o cabo Don (11°19'S, 131°46'L).
No Oeste.
Unha liña desde o cabo Don até Tanjong Aro Oesoe, o punto meridional de Selaroe (illas Tanimbar).
.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Arafura |