Mar de Halmahera | |
---|---|
Laut Sawu | |
Localización administrativa | |
Estado | Indonesia |
División | Provincias de Molucas Setentrional, Molucas e Papúa Occidental |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Oceanía |
Illa/s | Halmahera, Waigeo, Batanta, Salawati e Obira |
Coordenadas | 1°S 129°L / -1, -129Coordenadas: 1°S 129°L / -1, -129 |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Ceram e mar das Molucas |
Illas interiores | Illas Fam e Rajaampat |
Accidentes | |
Estreitos | Estreito de Dampier |
Características | |
Superficie | 95.000 km² |
Profundiade máxima | 2.039 m. |
Mapa | |
Mar de Halmahera no norte das Illas Molucas. | |
Mapa da rexión | |
O mar de Halmahera é un mar rexional situado na parte centro oriental do mar Mediterráneo Australasiano. Está centrado ao redor de 1°S e 129° E e está rodeado polo océano Pacífico ao norte, Halmahera ao Oeste, Waigeo e Irian Jaya ao leste e o Mar de Ceram ao sur. Abarca uns 95.000 km² e a súa topografía comprende varias concas oceánicas separadas e cristas, a principal das cales é a fosa de Halmahera alcanzando unha profundidade de 2039 m.
A Organización Hidrográfica Internacional (IHO) define o Mar de Halmahera como unha das augas do Arquipélago das Indias Orientais. A OHI define os seus límites como segue:
- No norte Unha liña desde Wajaboela (Morotai) ata Tg. Djodjefa, o punto norte de Halmahera.
- No leste. Unha liña desde Tg. Gorango, a punta nororiental da illa de Morotai, a través das illas Sajang e Kawé ata aos extremos occidentais das illas de Waigeo e Batanta a traves do punto noroeste da illa Samawati, descendendo pola costa ata Tg. Menonket o seu punto suroeste, e desde aí ata Tg. Sele, Nova Guinea (1°26′S 130°56′L / -1.433, -130.933).
- No sur. O límite norte do Mar de Ceram entre Obira e Nova Guinea. .
- Occidente. O límite meridional do Mar das Molucas e Halmahera e Obira..
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Halmahera |