NMBS/SNCB

NMBS/SNCB
Logo
AcrónimoSNCB e NMBS
Tiponational railway
Data de fundación1 de setembro de 1926
Fundador(es)Bélxica
Director/aSophie Dutordoir
Organización subsidiariaOSR France, Lineas, HR-Rail, Securail e Train World
SedeBruxelas-Capital e Saint-Gilles
PaísBélxica
50°50′08″N 4°20′09″L / 50.83569, 4.33578
Na rede
https://www.belgiantrain.be/, https://www.sncb.be/, https://www.nmbs.be/ e https://www.belgianrail.be/
Twitter: SNCB Instagram: sncb.be Youtube: UCKsgg27M-tqkeC2AJa4geVA Editar o valor em Wikidata
Refuxio co logotipo de NMBS en Flémalle

A Sociedade Nacional de Ferrocarrís Belgas, NMBS (Nationale Maatschappij der Belgische Spoorwegen, en neerlandés) ou SNCB (Société Nationale des Chemins de fer Belges, en francés) é a empresa nacional de transporte ferroviario de Bélxica.

Historia

A empresa foi creada en 1926 polo Estado belga ao querer integrar todas as empresas e liñas privadas de Bélxica. Na procura de diñeiro nos albores da gran crise económica de 1929, o Estado privatizouna en 1927. Despois da Segunda guerra mundial, o Estado belga recomprou todas as accións e en 1958 nacionalizáronse todas as liñas.

A partir de 1991 converteuse nunha sociedade pública autónoma.

Furgoneta co logotipo de Infrabel

A normativa europea impoñía dividir a estrutura única que até entón era un dos mellores servizos ferroviarios integrados en dúas partes: un xestor de infraestruturas, Infrabel, e un organizador de transporte ferroviario NMBS ou SNCB. Baixo a presión dos sindicatos e de certos políticos que querían evitar o desastre da privatización de British Rail e RailTrack no Reino Unido, crearon un holding para coordinar as dúas partes: NMBS-Holding ou Holding SNCB. Estes tres forman o Grupo NMBS.

En 2006, o grupo NMBS empregaba a preto de 37.865 persoas sendo, polo tanto, un dos grandes empregadores con máis antigüidade en Bélxica. A rede contaba con 3.536 quilómetros de liñas, dos que 2.701 quilómetros eran electrificados e 314 quilómetros eran de alta velocidade.

En 2007, transportaba a 206,5 millóns de persoas, o que supón un aumento significativo fronte aos 186,6 millóns de 2005.

2011 foi un ano récord con case 230 millóns de pasaxeiros transportados.

Sucursais

Participacións

Notas

  1. "Over NMBS". www.belgiantrain.be (en neerlandés). Consultado o 2023-01-20. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Ulysse Lamalle, De Geschiedenis der Belgische Spoorwegen, Bruxelas, Editorial Office de publicité, 1943, 158 páxinas (en neerlandés)
  • Bart Van der Herten, Michelangelo Van Meerten, Greta Verbeurgt (editor), Sporen in België, 175 jaar spoorwegen, 75 years of the NMBS, Lovania, Editorial Leuven University Press, 2001, ISBN 9789058671103