Solas | |
---|---|
Solas no 2010 | |
Orixe | Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos |
Período | 1994-... |
Xénero(s) | música folk, música celta |
Selo(s) discográfico(s) | Compass Records Shanachie Records |
Membros | Séamus Egan Winifred Horan Mick McAuley Mairéad Phelan Éamon McElholm |
Antigos membros | Karan Casey John Williams John Doyle Deirdre Scanlan |
Na rede | |
Páxina oficial MySpace | |
Solas é un grupo musical estadounidense formado en 1994 que toca música tradicional irlandesa. O seu nome vén do irlandés e significa "luz". A banda formouna Séamus Egan, quen xa gravara dous discos en solitario coma tamén unha banda sonora para unha película; Winifred Horan, membro de Cherish the Ladies; John Doyle, anteriormente membro de The Chanting House canda Egan; Karan Casey e John Williams. A súa primeira actuación foi na Universidade de Georgetown en Washington, D.C. en 1995.