O 7 de outubro é o 280º día do ano do calendario gregoriano (281 nos anos bisestos ). Quedan 85 días para finalizar o ano .
Acontecementos
Batalla de Lepanto
-539 : O exército de Ciro II de Persia entra en Babilonia .
1072 : Sancho II o Forte, rei de Castela , é asasinado xunto ás murallas de Zamora por Bellido Dolfos .
1407 : O decano da facultade de medicina de París , Johannes Leporis , realiza na persoa do bispo de Arras a primeira disección coñecida.
1558 : Filipe II de España impón a censura previa para o que se publique ou se introduza en España .
1571 : Batalla de Lepanto , na que o poder marítimo dos turcos foi abatido pola Liga Santa : España , Roma e Venecia , so mando de Xoán de Austria .
1625 : O duque de Medina-Sidonia , gobernador de Andalucía , repele un ataque inglés por mar contra a cidade de Cádiz .
1736 : Augusto III , duque de Saxonia , funda a Orde de San Henrique .
1737 : Un furacán causa a morte dunhas 300 000 persoas no golfo de Bengala .
1813 : O exército anglo-luso-español, baixo o mando do Duque de Wellington penetra en Francia na persecución do exército francés e dá fin á guerra da independencia .
1841 : Repélese a sublevación dun rexemento encabezado polos xenerais Concha e León, que asalta o Palacio Real para apoderarse da raíña Isabel II . Os rebeldes foron vencidos.
1872 : Comenza un grande incendio que en dous días devasta máis de 8 quilómetros cadrados, destrúe 17 450 edificios de Chicago e causa a morte de 200 persoas.
1877 : Arxentina : o doutor Adolfo Alsina e o xeneral Bartolomé Mitre , adversarios políticos, dan unha aperta publicamente na Praza de Maio .
1879 : Asínase en Viena o Tratado de dobre alianza entre Alemaña e Austria .
1881 : María Castells e Vallespí é a primeira muller que obtén o doutoramento en medicina.
1886 : Abolición da escravitude en Cuba .
1903 : O norteamericano Samuel Pierpont Langley fracasa na súa tentativa de facer voa-lo seu avión ao lanzalo cunha catapulta fixada nun pontón.
1904 : George Heath gaña na primeira carreira de automóbiles, celebrada en Westburg , Long Island (EUA ), cun "Panhard".
1904: Un tratado franco-español sobre Marrocos garante a soberanía española sobre o Rif e recoñece a Francia o dereito de "vixiar e asistir" o sultán.
1904: Chega o vapor inglés Nol Argomant , con máis de 100 turistas a Palma .
1904: A frota rusa do mar Báltico leva áncoras de Libau .
1908 : A anexión de Creta a Grecia , ameazou cun conflito armado con Turquía .
1908: Nota do goberno austro-húngaro a Turquía sobre a anexión de Bosnia .
1909 : Estréase en Moscova a ópera O galo de ouro , de Rimskii-Korsakov .
1909: Nunha entrevista, o xeneral D'Amade afirma que os españois ameazan a Francia en Marrocos . Ao sabelo o presidente do Consello, faino pasar á reserva.
1912 : Inaugurase as obras do porto de Valparaíso .
1915 : O rei Constantino I de Grecia forma novo goberno.
1916 : O presidente da República de México , Venustiano Carranza , prohibe as corridas de touros.
1916: O quinto empréstito de guerra alemán achega dez mil millóns e medio de marcos.
1916: Tropas alemás e austríacas conquistan Kronstadt (Brasov ), en Romanía .
1917 : O xeneral xefe do arsenal de Cádiz queda cesado ao escapar un submarino alemán que estaba retido no mesmo porto.
1920 : O secretario xeral da Sociedade de Nacións convoca os estados asociados á conferencia de Barcelona .
1921 : Walter Rathenau fixa co ministro francés as prestacións que a industria alemá debe realizar como parte das reparacións de guerra.
1924 : Numerosas tropas concentráronse en Veracruz , co obxecto de saír na persecución dos continxentes de bandidos que aterrorizan a rexión.
1925 : A bailarina estadounidense Josephine Baker debuta na Revista negra no music-hall dos Campos Elisios .
1926 : Un decreto lei converte o partido fascista no partido único de Italia .
1928 : Comeza en Berlín a primeira exposición aeronáutica internacional de despois da guerra.
1933 : André Malraux publica A condición humana .
1934 : Réndese a Generalitat de Cataluña ás tropas do capitán xeneral da IV División militar, Domingo Batet , tras a rebelión do día anterior.
1935 : Fúndase a Federación para a protección dos escritores alemáns, presidida por Thomas Mann .
1936 : Apróbase o Estatuto de Autonomía do País Vasco .
1936: Chega a Moscova o embaixador de España na URSS , Marcelino Pascua .
1937 : O autoproclamado Goberno do xeneral golpista Francisco Franco institúe por decreto o Servizo Social da muller.
1939 : Estréase en Barcelona a película Carmen la de Triana , interpretada por Imperio Argentina e Rafael Rivelles .
1939: As emisoras de radio españolas quedarán suxeitas a censura.
1940 : Ernest Hemingway publica a obra Por quen dobran as campás .
1942 : As tropas xaponesas evacúan as illas Aleutianas .
1944 : Dumbarton , dos Estados Unidos , reúne os representantes dos Estados Unidos, URSS , Gran Bretaña e a China nunha conferencia para establecer as bases da ONU e do Consello de Seguridade .
1945 : O xintoísmo deixa de ser a relixión do estado do Xapón .
1947 : O primeiro ministro británico Attlee destitúe once dos seus ministros.
1948 : Estréase en Minnesota o Círculo de xiz caucasiano , obra de Bertolt Brecht .
1948: Joaquín Ruiz-Giménez Cortés , nomeado embaixador de España ante a Santa Sé .
1949 : Proclamación da República Democrática Alemá na zona de ocupación soviética, polo Consello do Pobo .
1950 : O sha Reza Pahlevi inaugura en Teherán o primeiro Senado da historia de Irán .
1950: 30 000 soldados chineses invaden o Tíbet e toman o control da política exterior até que se asine o tratado chinés-tibetano.
1952 : Estréase en Barcelona a película Amaya , dirixida por Luis Marquina , e protagonizada por Susana Canales e Julio Peña .
1953 : O coñecido cirurxián estadounidense Eugene Muron Bricker comunica a substitución con éxito da vexiga urinaria por un anaco de intestino delgado .
1956 : Golda Meir , ministra de Asuntos Exteriores de Israel , declara que, ante a incapacidade da ONU , o seu país devolverá golpe por golpe.
1957 : Inauguración da central térmica de Escombreras .
1958 : O presidente paquistaní, Iskander Mirza , declara a lei marcial suspendendo a constitución e a asembleas parlamentarias como resposta ás malas colleitas e á corrupción.
1959 : O Lunik III obtén as primeiras fotografías do lado oculto da Lúa .
1965 : Implántase o estado de sitio en Portugal para combater a folga de servizos públicos.
1967 : Primeiro concerto oficial da orquestra Ciutat de Barcelona , dirixida por Antoni Ros-Marbà .
1969 : O presidente brasileiro Garrastazu Medici é designado xefe de Estado.
1975 : A guerra civil do Líbano redobra a súa violencia no Beirut .
1975: O presidente mexicano, Luis Echeverría Álvarez , ratifica a súa petición de que España sexa expulsada da ONU .
1977 : Máis de 100 000 vascos maniféstanse a favor da autonomía de Euskadi .
1978 : Decrétase o alto o fogo en Beirut .
1980 : O grupo catalán Comediants estrea na sala Olimpia, de Madrid , Sol, solet .
1982 : Os deputados suecos elixen a Olof Palme xefe do Goberno.
1985 : Un comando palestino secuestra o transatlántico italiano "Achille Lauro" e entréganse ao día seguinte despois de matar un pasaxeiro.
1985: Graves enfrontamentos raciais no suburbio londiniense de Tottenham .
1986 : O Papa Xoán Paulo II remata a súa estadía en Lión (Francia ) despois de facer xa tres viaxes a este país no seu pontificado.
1989 : O Partido Democrático de Botswana , no poder dende a independencia en 1966 , gaña amplamente as eleccións lexislativas.
1989: O presidente arxentino, Carlos Menem , firma os decretos que indultan os procesados por delitos cometidos na ditadura.
1989: A celebración do corenta aniversario da fundación da RDA acompáñase das maiores manifestacións de protesta dende o 17 de xuño de 1953 .
1990 : O Partido Socialista de Austria gaña as eleccións parlamentarias.
1990: Os estadounidenses Joseph E. Murray e E. Donnall Thomas obteñen o Premio Nobel de Medicina .
1991 : Croacia e Eslovenia convértense en repúblicas independentes ao separarse de Iugoslavia , tras concluír a moratoria de tres meses prevista nos acordos de Brioni .
1992 : Abimael Guzmán , dirixente de Sendeiro Luminoso , queda condenado a cadea perpetua polo tribunal peruano.
1993 : Acórdase a cesión da xestión do 15 % do IRPF ás comunidades autónomas.
1993: Outorgado o Premio Nobel de Literatura á escritora estadounidense Toni Morrison .
1999 : Os Reis inauguran o Gran Teatro do Liceo de Barcelona , reconstruído tralo incendio de 1994 que o deixou calcinado.
2002 : Un mozo de trece anos convértese na oitava vítima, en catro días, dun francotirador que actúa nos arredores de Washington .
2003 : Os "pais" da Constitución española conmemoran o 25 aniversario da Carta Magna cunha petición de consenso para acometer posibles reformas.
2003: A poetisa sevillana Julia Uceda gaña o Premio Nacional de Poesía .
2003: Unha matanza entre etnias rivais causa 65 mortos nunha aldea do noroeste da República Democrática do Congo .
Nacementos
Desmond Tutu
1746 - William Billings , compositor estadounidense de música coral.
1748 - Carlos XIII , rei de Suecia (1809 -1818 ) e de Noruega (1814 -1818 ).
1885 - Niels Bohr , físico alemán, Premio Nobel de Física 1922 .
1888 - Henry Agard Wallace , enxeñeiro agrónomo e vicepresidente dos EUA .
1892 - Ramón Barba Guichard , escultor e debuxante español.
1897 - Julio Ruiz de Alda , aviador e político español.
1897 - Elijah Muhammad , activista musulmán negro estadounidense.
1900 - Heinrich Himmler , oficial alemán nazi.
1905 - Andy Devine , actor estadounidense.
1912 - Fernando Belaúnde Terry , político e arquitecto peruano.
1917 - June Allison , actriz estadounidense.
1917 - Helmut Dantine , actor austríaco.
1919 - Georges Duby , historiador e investigador francés.
1919 - Rita Hayworth , actriz estadounidense.
1926 - Diana Lynn , actriz estadounidense.
1927 - Juan Benet , escritor español.
1927 - Ronald Laing , psiquiatra británico.
1931 - Desmond Tutu , arcebispo anglicano surafricano, Premio Nobel da Paz 1984 .
1934 - Amiri Baraka , escritor estadounidense.
1935 - Thomas Keneally , escritor australiano.
1952 - Vladimir Putin , político ruso.
Mortes
Ramón Tojo Pérez
336 - San Marcos , Papa.
560 - Santo Augusto , relixioso francés.
732 - Abd-er-Rahman-Ben-Abdallah-Algafari , sétimo emir ou gobernador árabe de España .
1472 - Michelozzo , arquitecto do Quattrocento .
1488 - Andrea del Verrocchio , escultor e pintor florentino.
1553 - Cristóbal de Morales , compositor español.
1796 - Thomas Reid , filósofo británico.
1849 - Edgar Allan Poe , escritor estadounidense.
1878 - Tomás Cipriano de Mosquera e Arboleda , político militar e estadista colombiano.
1939 - Ernest Vincent Wright , escritor estadounidense (n. 1873)
1944 - Ramón Tojo Pérez , escritor e político galego (n. 1860).
1959 - Mario Lanza , actor e cantante estadounidense.
1962 - Karen Blixen , escritora dinamarquesa (n. 1885)
1967 - Manuel Quintín Lame , líder indíxena colombiano.
1975 - Antonio Bienvenida , toureiro español.
1982 - Alexandre Núñez Alonso , novelista español.
1990 - Juan José Arévalo Bermejo , político e mestre guatemalteco, expresidente de Guatemala .
1991 - José Luis Dávila , "Pepe Luis ", debuxante español.
1993 - Cyril Cusack , actor irlandés.
1993 - Agnes George de Mille , bailarina e coreógrafa estadounidense.
1994 - Niels Kaj Jerne , inmunólogo británico, Premio Nobel de Medicina 1984 .
2002 - Eduald Serra , escultor español.
Festas e celebracións
Outros
Santoral: Nosa Señora Virxe do Rosario (Patroa da Coruña ). San Marcos (Papa ); Xulia e Xustina (Virxes ); Elano, Serxio, Baco, Leopardino, Nabor, Marcelo e Apuleio (Mártires ); Gustavo, Augusto e Canoco (Abades ); Paladio, Rigaldo, Cuarto e Eleuterio (Bispos ); Adalxio e Igaldo (Eremitas ).
Os 366 días do ano