Beirut

Modelo:Xeografía políticaBeirut
بيروت (ar) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 33°53′13″N 35°30′47″L / 33.8869, 35.5131Coordenadas: 33°53′13″N 35°30′47″L / 33.8869, 35.5131
EstadoLíbano
Governorate of Lebanon (en) TraducirBeirute (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.421.354 (2023) Editar o valor em Wikidata (121.067,7 hab./km²)
Xeografía
Superficie20.000.000 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
19731973 Israeli raid on Lebanon (en) Traducir
21 de agosto de 1982Cerco de Beirute (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Santo padrónXurxo de Capadocia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico01 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbeirut.gov.lb Editar o valor em Wikidata
Avenida costeira de Beirut

Beirut (en árabe بيروت Bayrūt) é a capital, cidade principal e maior porto do Líbano. Algunhas veces é chamada polo seu nome en francés, Beyrouth. A cidade ten unha poboación de 1,8 millón de persoas na propia cidade e 2,1 millóns de persoas na súa rexión metropolitana. O seu nome é de orixe fenícia, Bêrūt, que significa "os pozos".

É o principal centro de comercio da rexión e algunhas veces foi chamada de a París do Leste, pola súa atmosfera cosmopolita, anterior á guerra civil libanesa. Beirut pasou pola maior reconstrución dos anos recentes e irá hospedar os Xogos Francófonos (Jeux de la Francophonie) en 2009.

Historia

A historia de Beirut deu comezo nunha rexión, a antiga Canaán, onde estaba a ter lugar un dos primeiros procesos de urbanización da historia no marco da sedentarización progresiva do neolítico. Así a pequena península na costa oriental do Mediterráneo, con abundante pesca e auga fresca no río Beirut que descende dos Montes do Líbano, semella ter sido habitada dende mesmo o paleolítico (nas illas do que entón era o delta do río).

O tell cananeo e fenicio

Os últimos achados arqueolóxicos (grazas ao vasto plan de reconstrución en marcha trala guerra civil) permiten asegurar tamén a existencia dun asentamento estable dende polo menos o 1900 aC, dentro xa da órbita dos pobos cananeos que tiñan emigrado a área ó comezo do terceiro milenio antes da nosa era. En concreto trátase dun tell, un outeiro fortificado, que tiña unha entrada de perpiaños almofadados e situábase no nordeste do centro histórico preto do porto (ao norte da Praza dos Mártires ). O nome Be'erot ("pozos") ten ascendencia cananea, e xa no século XIV aC, nas exipcias cartas de Amarna aparece citado coma Biruta. Os fenicios (dende o 1200 aC) reutilizaron e ampliaron o asentamento cananeo construído unha nova muralla de pedra con escarpado glacis en uso ata o século VIII aC, canais e o primitivo porto a carón polo noroeste.

No século VII-VI aC comezou a expansión fora do tell cara ao sur e oeste, arrodeando a enseada do porto (a liña costeira daquela estaba máis atrasada) e unha nova muralla de perpiaños de calcaria foi construída . E aínda outra nova muralla, máis grande e de cachotaría, foi erixida no tempo da ocupación persa (550-333 aC).

Helenística e romana: Berytus

Trala conquista de Alexandre Magno, loitas entre sátrapas seléucidas polo poder rexional levaron á destrución da cidade en 140 aC. A reconstrución posterior fíxose superpoñendo un novo plan regular helenístico (renomeada Laodicea en Fenicia ou en Canaán ). Os romanos a conquistaron no 64 aC, axeitando dito plan máis ao sur e segundo as directrices habituais do seu urbanismo, fundamentalmente a direccionalidade, cun cardo (N-S dende o porto) e un decumano máximos (E-O), asemade un novo centro (o Foro) na zona da actual praza Nejmeh (Estrela) .

A Colonia Iulia Augusta Felix Berytus floreceu coma centro do imperio na zona. Con rúas porticadas, baños públicos e un hipódromo (posiblemente no leste, Praza dos Mártires), a súa escola de dereito foi famosa na antigüidade acadando o seu cénit na etapa bizantina (xa unha vila cristiá). No ano 551 un devastador terremoto arrasou a cidade (30.000 mortos) e puxo fin a toda unha época de Beirut.

Beirut medieval: o dominio dos cruzados

A reconstrución da vila non comezou ata despois da conquista árabe (635), cos omeias. A estrutura básica do medievo semella ter recollido aínda que difusamente a herdanza do pasado urbano. A Beirut intramuros (Bayrut al-Qadimah) é un rectángulo ao sur da enseada do porto cun promontorio protector no leste (a carón do cal, internándose na terra estaba o tell primitivo) . Seica a muralla meridional seguiu o trazado do decumanus máximus.

Vista do Castelo cruzado dende a área do tell primixenio nunha recreación do s.XIX da retoma da cidade polos cristián

Durante a época omeia, restauradas as murallas e fortificacións, tivo importancia o seu porto coma base naval do califato de Damasco. Xusto ese antigo porto puido seres ampliado ao oeste, entre a illa existente na metade da enseada e un dique de abrigo (mole) construído nos arrecifes, na época do dominio dos cruzados (séculos XII e XIII, cunha nova prosperidade no comercio de especias con Europa) . Nos puntos estratéxicos, illa e promontorio do leste, erixíronse fortes cun castelo no último (a Cidadela de Beirut) . Tamén de ascendencia cruzada (coma pazo fortificado templario) semella seres o denominado Pazo de Fakhr al-Din posterior, no bordo leste da vila (posible pazo da familia Ibelín, señores dun Beirut practicamente independente no século XIII; Xoán de Ibelín reconstruíu a cidade co pazo tralas destrucións de Saladino). Asemade os cristiáns levantaron conventos e igrexas, sinaladamente a románica catedral de San Xoán no centro da cidade.

Declive baixo o poder otomán

A catedral foi reconvertida na mesquita principal da vila (al Omari) cando os mamelucos desaloxaron definitivamente ós cruzados en 1291 . Numerosas mesquitas máis foron construídas, e se ben o comercio de especias sostivo a súa economía, a cidade comezou un lento declinar acentuado na época do poder otomán (dende 1516) precisamente pola perda daquel monopolio. Controlada por emires drusos, un deles, Fakhr al-Din II (comezos do século XVII), chegou a conseguir certa autonomía fortificando e enriquecendo a vila (o seu pazo sobor do cruzado arriba citado). A comezos do século XIX, tras seres mesmo bombardeada polos rusos, Beirut era unha pequena vila de 10.000 habitantes .

Renacemento urbano

A caída de Acre (1832) en poder exipcio significou o renacemento económico e comercial da cidade (baseado sobor de todo no tráfico da seda a occidente). O porto converteuse en primordial e foi ampliado (1894, con recheos que implicaron a desaparición do Castelo e illa) e asemade trazados ferrocarrís con Damasco e Alepo (1895, cunha estación exterior á cidade ao leste ). A cidade pronto traspasou as murallas medievais (que foron tamén derrubadas na súa meirande parte), o barrio dos Zocos (Souks) ocupou a antiga área fenicia e helenística, e o exánime poder otomán aínda tentou reflectirse coa construción de grandes conxuntos militares (Gran Serrallo en 1853 no outeiro ao sueste de murallas) e novas mesquitas . Para comezos do século XX Beirut era xa unha cidade cosmopolita con máis de 120.000h .

Vista xeral de Beirut na segunda metade do s.XIX dende o barrio dos Zocos: o Castelo e fortaleza da illa dominando o porto.

Mandato francés

Tralo colapso do Imperio Otomán na primeira guerra mundial, Beirut pasou a formar parte do Mandato Francés. Baixo a tutela francesa a cidade histórica vai seres intervida dunha maneira radical coa creación dun novo centro urbano no que era a vella trama islámica. Con planta radial dende o foco da Place de l'Etoile, o plan de 1931 de obxectivos hixienistas, pretendía dotar á vila dun centro moderno e mantense ata hoxe coma corazón da urbe cos principais edificios representativos . O porto seguiu coa súa ampliación cara ó leste e con el o pulo á industrialización .

Capital do Líbano

Dende 1943 Beirut é a capital dun Líbano independente. Coma privilexiada porta do Oriente tense desenvolvido con rapidez e mesmo ostentación. O seu porto, garante da súa riqueza seguiu o seu uso, e o proceso de metropolización foi inevitable .

Toda esa prosperidade tivo o seu fin co rexurdir dos vellos conflitos relixiosos (entre musulmáns, cristiáns e drusos) e o estalido en 1975 da Guerra Civil Libanesa e a división mesmo da cidade en dúas partes (oriental cristiá; occidental musulmá) cunha chamada "Liña Verde" . As destrucións foron cuantiosas especialmente no centro histórico, o que polo menos ten permitido dende o fin do conflito en 1990 o estudo arqueolóxico das orixes da vila.

Pero facendo honra a súa historia, Beirut volta a renacer unha vez máis das ruínas e un gran e polémico plan (Plan Solidere ) de reconstrución do centro da urbe e a súa beiramar está a seres levado a cabo.

Notas

  1. Topografía da península de Beirut coa posición da cidade histórica, dende o tell cananeo ata o século XIX
  2. Mapa interactivo do Beirut histórico cos descubrimentos das sucesivas civilizacións
  3. Planta esquemática (superposta á da cidade moderna) da vila fenicia estendida aos pes do tell, co porto polo medio; o sector do oeste é o posterior dos Zocos
  4. Traza da cidade helenística sobor da zona dos Zocos (NO da Beirut histórica posterior
  5. Planta hipotética do centro da Beirut romana (superposta á da cidade moderna coa Praza da Estrela); segundo os últimos achados seica o decumanus máximus situábase na rúa do sur e non na do norte do Forum. Ver tamén nota 14 (o cardo máximus á dereita) e nota 18 páx.2
  6. Planta de Beirut en época medieval (1841, mantívose no esencial dende o século VII ó XIX): ao norte o porto; arredor o primitivo asentamento fenicio, persa e helenístico (baleiro dos Zocos no oeste, tell cananeo-fenicio no leste xunto ao promontorio fortificado da costa); no sur a trama medieval superposta dentro do cadrado da Berytus romana - Michael F. Davie
  7. Planta de Beirut medieval co detalle das intervencións na época dos cruzados; M.F. Davie (a carón do promontorio do Castelo cruzado, o Monte Chafort do mapa, despois cemiterio musulmán, debeu seres a zona do Tell orixinal; o título equivocado de decumanus (seica estaba no límite sur da cidade)
  8. Vista do s.XIX dende o porto occidental de Beirut da illa fortificada en primeiro termo (á esquerda) e o Castelo do promontorio leste ao fondo; Davie
  9. Páxina con información da época mameluca
  10. Planta de Beirut, 1841; Davie
  11. Planta esquemática de Beirut coa estación do ferrocarril e a liña nos recheos portuarios, 1895 Arquivado 17 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  12. Mapa de Beirut, 1876 (IFPO): co plan de ampliación do porto e os novos recheos; a planta cuadrangular do Gran Serrallo visible ao oeste
  13. Mapa de Beirut, 1912
  14. Planta da área da Praza da Estrela sobor da arqueoloxía (romana fundamentalmente; tamén Catedral de San Xoán dos Cruzados arriba) primitiva; Centro de Investigacións Arqueolóxicas de Torino Arquivado 15 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  15. Vista aérea moderna da área da Praza da Estrela
  16. Mapa de Beirut de 1936; obsérvese o baleiro no centro histórico para a área da futura Praza da Estrela Arquivado 10 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  17. Vista de paxaro de Beirut en 1936; obsérvese á dereita a Praza da Estrela adquirindo forma; IFPO
  18. "Páxina sobor do desenvolvemento metropolitano de Beirut, pdf (1Mb)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de agosto de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  19. "Vista de paxaro da área metropolitana de Beirut". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  20. A Liña Verde (Green Line) sobreposta á vista satélite de Beirut
  21. "Plan Solidere". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  22. "Paseo virtual pola herdade histórica beirutí; Solidere". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas