رام الله (ar) רמאללה (he) | |||||||||
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Territorio ocupado | Cisxordania | ||||||||
Gobernacións | Ramallah og al-Bireh (pt) | ||||||||
Capital de | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 38.998 (2017) (2.392,52 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 16,3 km² | ||||||||
Altitude | 900 m | ||||||||
Comparte fronteira con | Xerusalén Al-Mazra'a al-Qibliya (en) Ein Qiniya (en) Abu Qash (en) Surda, Ramallah (en) Beitunia (en) Rafat (en) | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Creación | século XVI | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Fuso horario | |||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | |||||||||
Páxina web | ramallah.ps |
Ramala (en árabe: رام الله, "Rāmallāh" (axuda · info); componse de “Ram,” unha palabra aramea, que significa “lugar alto ou montaña” e “Allah”, palabra árabe para Deus: literalmente significa "Altura de Deus") é unha cidade palestina no centro de Cisxordania, a 10 quilómetros ao norte de Xerusalén, xunto a Al-Bira. Actualmente é a capital da Autoridade Nacional Palestina. Cunha poboación dunhas 300.000 persoas, incluíndo a poboación veciña de Al-Bira, Ramala foi tradicionalmente unha cidade cristiá, pero hoxe en día a maioría da poboación é musulmá, os cristiáns son unha importante minoría.
Este lugar goza dun clima mediterráneo, cun verán seco e un inverno suave e chuvioso, con neves ocasionais. A media de precipitacións de Ramala é de 694 mm (precipitacións mínimas de 307 mm e máximas de 1591 mm).
Ramala é a capital da Autoridade Nacional Palestina e é a sede das ONG máis importantes e das embaixadas. Os centos de millóns de dólares de axuda internacional que flúen na cidade impulsaron a economía de Ramala, especialmente tralo fin da Segunda Intifada.
En novembro de 2009, Tony Blair dixo ao New York Times que "hai máis esperanza para os palestinos do que moitos creen."
O boom da construción en Ramala é un dos signos máis evidentes do crecemento económico de Cisxordania, estimado nunha taxa anual dun 8%. Isto atribuíuselle á relativa estabilidade e ás doazóns occidentais á Autoridade Nacional Palestina. A crecente economía de Ramala atrae a palestinos doutras partes de Cisxordania onde hai menos emprego. O casco urbano quintiplicouse dende o 2002.
No ano 2010 Ramala converteuse no principal centro económico e político dos territorios baixo o control da Autoridade Nacional Palestina. Co boom da construción nos primeiros anos do século XXI construíronse apartamentos e hoteis de cinco estrelas, especialmente no barrio de Al-Masyoun. En 2010, "máis de cen empresas" palestinas trasladáronse a Ramala dende Xerusalén Leste, xa que “Aquí pagan menos impostos e teñen máis clientes.
ASAL technologies, unha compañía informática en Ramala, ten 120 empregados e está á espera dun "crecemento exponencial."
Ramala está considerada a cidade palestina máis próspera e cultural, así como a máis liberal, e é o fogar dunha serie de populares activistas palestinos, poetas, artistas e músicos. Ten unha animada vida nocturna, con moitos restaurantes, bares e discotecas.
Ten o único centro cultural de palestina, con salas de conferencias, de exposición ou cines. Organizouse aquí o primeiro festival de cine en Ramala, en 2004
A vestimente palestina está influenciada polos diversos imperios que estiveron na zona, como Antigo Exipto, Antiga Roma, Imperio Bizantino, e Ayubí entre outros, encontráronse documentos na arte e na literatura con descricións dos traxes producidos na época.
Ata 1940, as roupas tradicionais palestinas reflectían a situación económica e civil da muller e do seu lugar de orixe, segundo a tea, a cor ou os bordados.
Ramalah está irmandada con:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramala |