Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Bota de Ouro Europea (en inglés: European Golden Boot) é un trofeo futbolístico, que se entrega ao máximo goleador de toda Europa da división máis alta de cada país. Vense facendo dende a tempada 1967/68. Nos últimos tempos, o gañador xa non é necesariamente o que máis goles anota, senón que segundo a liga na que xogue dáse un valor maior ou menor aos goles anotados. Por exemplo un xogador con 25 goles na liga suíza obterá menos puntos que outro cos mesmos goles na liga italiana.
Entre 1968 e 1990 o trofeo entregábase sinxelamente ao xogador con máis goles anotados independentemente da liga na que xogara.
Durante este período non foi outorgado ningún premio ao goleador de Europa, pero a continuación móstranse os que serían gañadores (sen ter en conta as consideracións de 1996):
Ano | Gañador | Nacionalidade | Goles | Club |
---|---|---|---|---|
1990-91 | Darko Pancev2 | Iugoslavia | 34 | Estrela Vermella de Belgrado |
1991-92 | Ally McCoist | Escocia | 34 | Glasgow Rangers |
1992-93 | Ally McCoist | Escocia | 34 | Glasgow Rangers |
1993-94 | David Taylor | Gales | 43 | Porthmadog FC |
1994-95 | Arsen Avitisyan | Armenia | 39 | Homenhem |
1995-96 | Zviad Endeladze | Xeorxia | 40 | Margveti |
Aínda que a lista anterior é a que normalmente se dá como válida, se se investiga en ligas menores europeas, e seguindo os criterios que se seguían en 1966 cando se comezou a outorgar o trofeo, nas tempadas 1991-1992 e 1992-1993 nas que se considera a McCoist como bota de ouro os gañadores serían:
Ano | Gañador | Nacionalidade | Goles | Club |
---|---|---|---|---|
1991-92 | Otar Korgalidze | Xeorxia | 40 | Guria Lanchkhuti |
1992-93 | Merab Megreladze | Xeorxia | 41 | Samgurali Tshkaltubo |
Dende a tempada 1996-97, European Sports Magazines, a asociación de publicacións de carácter deportivo, ven entegando o galardón baseándose nun sistema de puntos que premia os goles anotados nas ligas máis importantes. Nesta táboa aparecen o gañador da Bota de Ouro e tamén o máximo goleador absoluto de Europa, en letra cursiva.
Aínda que o trofeo entregouse por vez primeira en 1968, estes xogadores foron os máximos goleadores de Europa antes desta data. Pódese dicir que tamén son "Bota de Ouro" aínda que non se lles concedera premio ningún.