Fantasporto | |
---|---|
Tipo | festival de cinema |
País | Portugal |
Na rede | |
http://www.fantasporto.com/ | |
Fantasporto é o Festival Internacional de Cine Fantástico do Porto que se realiza tódolos anos a mediados de febreiro na cidade portuguesa do mesmo nome. Acolle todo tipo de filmes fantásticos (de terror, de ciencia ficción, de animación etc.) e preséntanse tanto longametraxes coma curtametraxes.
O Fantasporto naceu no ano 1981 e dende a súa apertura foise facendo un festival cada vez maior e con máis presenza internacional. Hoxe en día está considerado como un dos festivais de cine fantástico máis importantes de Europa. Comezou sendo un festival que se celebraba só na cidade de Porto para pasar a ser hoxe en día todo un conxunto de iniciativas por todo o país.
Antes de que comece, realízanse exposicións relacionadas co mundo do cine ou co tema principal do festival dese ano por todo o país. De feito, os filmes que van a concurso só se exhiben nas salas de O Porto, pero fanse pases especiais en varios cines de todo Portugal.
Tódolos anos se repiten as mesmas seccións: