Inter de Milán | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Football Club Internazionale Milano S.p.A. | |||
Alcume(s) | Nerazzurri Inter Il Biscione Beneamata | |||
Fundación | 9 de marzo de 1908 (116 anos) | |||
Estadio | Giuseppe Meazza, Milán, Italia | |||
Inauguración | 19 de setembro de 1926 | |||
Capacidade | 80.074 | |||
Propietario | Suning Holdings Group (68.55%) LionRock Capital (31.05%) Pirelli (0.37%) Outros (0.03%) | |||
Presidente | Steven Zhang | |||
Adestrador | Antonio Conte | |||
Liga | Serie A | |||
2020–21 | 1º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Patrocinador | Pirelli | |||
Na rede | ||||
http://www.inter.it/ | ||||
| ||||
O Football Club Internazionale Milano (coñecido en galego como o «Inter de Milán» aínda que a súa tradución literal é « Internacional de Milan ») é un club de fútbol italiano, da cidade de Milán na rexión da Lombardía. Tradicionalmente foi considerado como o equipo da clase alta de Milán.
Foi fundado en 1908 por disidentes do Milan & Cricket, actual AC Milan. É o único equipo italiano que sempre militou na Serie A de Italia. O seu rival tradicional é o AC Milan. Disputa os seus encontros como local no Estadio Giuseppe Meazza, que comparte co outro gran club de Milán: o AC Milan.
Segundo unha enquisa elaborada polo instituto estatístico Doxa, publicada polo diario italiano L'Espresso no mes de abril de 2006, do total de afeccionados ao fútbol en Italia, o Inter é o segundo club por número de seareiros, despois da Juventus, co 22,2% do total (equivalente a 5 772 000 de 'tifosi').
|
|
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Football Club Internazionale Milano |