Grand-Place

Grand-Place
Imaxe da Grand-Place; o concello está na esquerda.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísBélxica Bélxica
Localización50°50′48″N 4°21′09″L / 50.8467, 4.3525
TipoCultural
Criterios(ii, iv)
Inscrición1998 (XXII sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador857

A Grand-Place en francés, ou Grote Markt en holandés, é a praza central de Bruxelas. Está rodeada de opulentas casas gremiais e dous edificios máis grandes, o Concello da cidade, e a Casa do Rei (francés: Maison du Roi, holandés: Broodhuis) edificio que contén o Museo da Cidade de Bruxelas. A praza é o destino turístico máis importante e o punto de referencia máis importante de Bruxelas. Mide 68 por 110 m., e forma parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Historia

Plano da praza

Historia temperá

No século X, Carlos, duque da Baixa Lorena construíu unha fortaleza na Illa de Saint-Géry, o punto máis afastado cara ao interior no que o río Senne era navegable. Esta foi a semente do que se convertería en Bruxelas. A finais do século XI, creouse un mercado ao aire libre nun pantano desecado, preto da fortaleza, que estaba rodeado de bancos de area. O mercado foi chamado o Nedermerckt ou Mercado Baixo.

O mercado probablemente desenvolveuse ao mesmo tempo que o desenvolvemento comercial de Bruxelas. Un documento de 1174 menciona un mercado máis baixo (latín forum inferius) non lonxe do porto no río Senne. O mercado estaba ben situado ao longo do Steenweg (camiño pavimentado), unha importante estrada comercial que conectaba as prósperas rexións de Renania e o Condado de Flandres.

A principios do século XIII, foron construídos tres mercados interiores no extremo norte da Grand-Place; un mercado de carne, un mercado de pan e un mercado de roupa. Estes edificios, que pertencían ao duque de Brabante, non só permitían mostrar ás mercancías ata con mal tempo, senón que tamén permitía aos duques realizar un seguimento do almacenamento e venda de bens, co fin de recadar impostos. Outros edificios, feitos de madeira ou de pedra, cerraban a Grand-Place.

A casa do concello de Bruxelas que ten 96 m. de altura está coroada por unha estatua de San Miguel, duns 4 metros, matando a un demo

Aumento de importancia

O Museo da Cidade de Bruxelas situado na Maison du Roi (Casa do Rei), ou Broodhuis (Casa do pan).

As melloras na Grand-Place do século XIV en diante marcarían o aumento da importancia dos comerciantes locais e dos comerciantes en relación coa nobreza. Curto de diñeiro, o duque transferiu o control dos muíños e o comercio ás autoridades locais. A cidade de Bruxelas, do mesmo xeito que as cidades veciñas de Mechelen e Lovaina construíron un gran mercado interior de roupa, ao sur da praza. Neste punto, a praza estaba aínda deseñada sen orde nin concerto, e os edificios ao longo dos bordos eran unha maraña multicolor de xardíns e alpendres. A cidade expropiou e demoleu unha serie de edificios que obstruían a Grand-Place, e definiron definitivamente os bordos da praza.

A Casa do concello de Bruxelas foi construída no lado sur da praza por etapas entre 1401 e 1455, e fixo da Grand-Place a sede do poder municipal. Elévase a 96 m. de altura, e está coroada por unha estatua de 3´66 metros de San Miguel matando a un demo ou diaño. Para contrarrestar este símbolo do poder municipal, entre 1504 a 1536 o duque de Brabante construíu un grande edificio en fronte da casa do concello da cidade como símbolo do poder ducal. Foi construído na localización dos primeiros mercados de tea e pan, que xa non estaban en uso, e coñeceuse como a Casa do Rei (holandés medio: 's Conincxhuys), aínda que ningún rei viviu alí. É coñecido na actualidade como a Maison du roi (Casa do Rei) en francés, aínda que en holandés continúa a ser chamado o Broodhuis (casa do pan), logo de ocupar o lugar do mercado. Os comerciantes ricos e os cada vez máis poderosos gremios de Bruxelas construíron casas ao redor do bordo da praza.

Destrución e reconstrución

O 13 de agosto de 1695, uns 70.000 soldados do exército francés baixo o mando do mariscal François de Neufville, duque de Villeroi comezaron o bombardeo de Bruxelas nun esforzo por atraer ás forzas da Grande alianza para que abandonaran o sitio da cidade de Namur, ocupada polos franceses, no que hoxe é o sur de Bélxica. O francés lanzou un bombardeo masivo principalmente sobre o centro da indefensa cidade con canóns e morteiros, prendéndolle lume e arrasando a maioría da Grand-Place e a cidade que a rodeaba. Só a fachada de pedra do concello e algúns fragmentos doutros edificios permaneceron en pé. Foi irónico que o concello quedara en pé, xa que era o obxectivo principal do fogo de artillaría.

casas gremiais na Grand-Place
Detalle de casas gremiais

A praza foi reconstruída nos catro anos seguintes polos clans da cidade. Os seus esforzos reguláronse polos concelleiros da cidade e o Gobernador de Bruxelas, que obrigaron a que os seus plans presentáranse ás autoridades para a súa aprobación. Isto axudou a entregar un deseño moi armonioso para a reconstrución da Grand-Place, malia ao ostensiblemente choque da combinación dos estilos gótico, barroco e estilo Lois XIV.

No século XVIII, os revolucionarios saquearon a Grand-Place, destruíndo as estatuas da nobreza e os símbolos do cristianismo. As casas gremiais foron incautadas polo Estado e vendéronse. Os edificios foron abandonados e quedaron en mal estado, cás pinturas e estucados das fachadas danados pola contaminación. A finais do século XIX, o alcalde Charles Buls devolveu á Grand-Place ao seu antigo esplendor, con edificios en proceso de reconstrución ou restauración.

Século XX

En 1885, o Partido do Traballo de Bélxica (POB-BWP), o primeiro partido socialista de Bélxica, fundouse durante unha reunión na Grand-Place. A Grand-Place continuou servindo como un mercado ata o 19 de novembro de 1959, e aínda se chama o Gran Mercado ou Grote Markt en holandés. As rúas veciñas seguen reflectindo as orixes da zona, e leván o nome dos vendedores de manteiga, queixo, arenques, carbón etc. A Grand-Place foi nomeada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 1998. Unha das casas propiedade do gremio cervexeiro, e agora a sede do museo da cervexa.

A Grand-Place votouse como a praza máis bela de Europa en 2010. A enquisa do sitio web holandés (stedentripper.com) pediu aos seus usuarios valorar diferentes prazas de toda Europa. A Praza Vermella de Moscova e a Praza Stanislas de Nancy, Francia, ocuparon o segundo e terceiro lugar.

Alfombra de flores

A alfombra de flores de 2008

Cada dous anos en agosto, crease unha enorme "alfombra de flores" na Grand-Place durante uns días. Créanse modelos cun millón de begonias de cores, e unha pantalla de 24 por 77 m. cobre a praza, cunha área total de 1800 m². A primeira alfombra de flores fíxose en 1971, e debido á súa popularidade, a tradición continuou, a alfombra de flores atrae a un gran número de turistas.

Notas

  1. 1,0 1,1 "La Grande-Place de Bruxelles" (en francés). bruNET. May 17, 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o October 9, 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "History of the Grand-Place of Brussels". Commune Libre de l'Îlot Sacré. Consultado o August 25, 2009. 
  3. "Most Beautiful Squares in Europe". stedentripper.com. Consultado o 2010-11-23. 
  4. "Tourist Attractions in Brussels". trabel.com. Consultado o 2008-06-04. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Coordenadas: 50°50′48″N 4°21′09″L / 50.8467, 4.3525