Livonio līvõ kēļ, rāndakēļ | ||
---|---|---|
Falado en: | Letonia | |
Rexións: | Livonia | |
Extinción: | 2013, coa morte de Grizelda Kristiņa | |
Familia: | Urálica Ugrofinesa Finopérmica Báltico-finesa Livonio | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial. Recoñecida como lingua minoritaria en Letonia. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | fiu | |
ISO 639-3: | liv
| |
Mapa | ||
Distribución dos últimos falantes de livonio Distribución histórica Distribución histórica do livonio. | ||
Status | ||
A lingua livonia (līvõ kēļ ou rāndakēļ) é unha lingua moribunda pertencente á rama finesa das linguas ugrofinesas, que falou outrora o pobo livonio, un grupo étnico ugrofinés asentado na costa livonia, ao norte da península de Curlandia (Letonia). Aínda que o seu último falante nativo morreu en 2013, existen arredor de 40 falantes como segunda lingua e unhas 210 persoas declararon ter algún coñecemento da lingua. Posiblemente única entre as linguas urálicas, o livonio foi descrito como unha lingua con acento tonal.
No presente, a única persoa cuxa lingua nativa é o livonio é Kuldi Medne, que naceu en 2020. Os seus pais son Jānis Mednis e Renāte Medne, activistas do renacemento da lingua livonia. Algúns livonios étnicos están aprendendo ou aprenderon a lingua nun intento de revivila, mais debido a que os livonios son unha pequena minoría, as oportunidades de usar o livonio son limitadas. O xornal estoniano Eesti Päevaleht anunciou erroneamente que Viktors Bertholds, que morreu o 28 de febreiro de 2009, foi o último falante nativo que comezou a escola de letón como monolingüe. Porén, algúns outros livonios argumentaran que quedaban algúns falantes nativos, incluíndo a curmá de Viktors Bertholds, Grizelda Kristiņa, quen morreu en 2013. Un artigo publicado pola Foundation for Endangered Languages en 2007 afirmou que só había 182 livonios rexistrados e só seis falantes nativos. Nun acto dunha conferencia de 2009, mencionouse que podería haber "no mellor dos casos 10 falantes nativos vivos" da lingua.
Viktors Bertholds (10 de xullo de 1921 - 8 de febreiro de 2009), un dos últimos falantes de livonio da xeración que aprendeu o idioma como lingua nai nunha familia e comunidade de fala livonia, morreu o 28 de febreiro de 2009. Aínda que se informou de que el era o derradeiro falante nativo da lingua livonia, os propios livonios afirmaron que hai máis falantes nativos aínda vivos, aínda que moi poucos.
Como se informou no xornal estoniano Eesti Päevaleht, Viktors Bertholds naceu en 1921 e probablemente pertenceu á última xeración de nenos que comezaron a estudar na escola primaria en lingua letoa sendo monolingües en livonio; só uns poucos anos despois sinalouse que os pais livonios comezaron a falar en letón cos seus fillos. Durante a segunda guerra mundial, Bertholds, ao contrario que a maior parte dos homes livonios, logrou evitar ser mobilizado polos exércitos de ocupación escondéndose no bosque. Despois da guerra, Bertholds traballou en varias profesións e compartiu o seu coñecemento da lingua livonia con moitos lingüistas; na década de 1990, tamén ensinou livonio en campamentos de verán para nenos.
O irmán de Bertholds, que tamén falaba livonio, e a súa muller morreron na década de 1990. A principios dos anos 2000, moitos outros "últimos livonios" prominentes morreron tamén, como Poulin Klavin (1918–2001), gardián de moitas tradicións livonias e o derradeiro livonio que residiu de xeito permanente na costa de Curlandia, e Edgar Vaalgamaa (1912–2003), clérigo en Finlandia, tradutor do Novo Testamento e autor dun libro sobre a historia e a cultura do pobo livonio (Valkoisen hiekan kansa, Jyväskylä, 2001).
Supostamente o último falante nativo de livonio foi Grizelda Kristiņa, nada Bertholds, 1910–2013, dende 1947 residente no Canadá. De acordo con Valts Ernštreits, ela falou livonio "como se ela tivera saído da súa granxa nunha vila costeira livonia onte". Ela era tamén membro da familia Bertholds e foi considerada como a última persoa viva falante nativa de livonio da súa xeración.
En 2011 había menos de 250 livonios en Letonia, e a última persoa que falaba livonio como lingua nai, Grizelda Kristina, morreu o 2 de xuño de 2013 no Canadá aos 103 anos, co que o livonio pasou a considerarse unha lingua extinta malia ser ensinado nas universidades dos países bálticos. A asimilación por parte dos rusos e os letóns, unida á diáspora do pobo livonio contribuíron a esta case extinción da lingua.
A lingua livonia está dividida en dous dialectos:
Porén o dialecto oriental non conta na actualidade con falantes.
O alfabeto livonio ten 45 letras:
a A, ā Ā, ä Ä, ǟ Ǟ, b B, d D, ḑ Ḑ, e E, ē Ē, f F, g G, h H, i I, ī Ī, j J, k K, l L, ļ Ļ, m M, n N, ņ Ņ, o O, ō Ō, ȯ Ȯ, ȱ Ȱ, (ö Ö), (ȫ Ȫ), õ Õ, ȭ Ȭ, p P, r R, ŗ Ŗ, s S, š Š, t T, ț Ț, u U, ū Ū, v V, (y Y), (ȳ Ȳ), z Z, ž Ž
Número | Linguas finobálticas | Proto- Fino- úgrio | |||
---|---|---|---|---|---|
Livonio | Finés | Estoniano | Vótico | ||
1 | ikš | yksi gen. yhden, part. yhtä |
üks gen. ühe, part. üht(e) |
ütś | *ükte |
2 | kakš | kaksi gen. kahden, part. kahta |
kaks gen. kahe, part. kaht(e) |
katś | *kakta |
3 | kuolm | kolme | kolm | kolm | *kolme |
4 | nēļa | neljä | neli | nelli | |
5 | vīž | viisi | viis | viiś | *viite |
6 | kūž | kuusi | kuus | kuuś | *kuute |
7 | seis | seitsemän | seitse | säidse | N/A |
8 | kōdõks | kahdeksan | kaheksa | katõsa | N/A |
9 | īdõks | yhdeksän | üheksa | ütesä | N/A |
10 | kim | kymmenen | kümme | kümme | *luke |
Vexa a proba da Wikipedia en Lingua livonia |