As linguas occitanorrománicas son o occitano e o catalán dúas linguas románicas moi emparentadas que forman un continuo dialectal transicional entre as linguas galorrománicas e as linguas iberorrománicas. Ás veces inclúese o aragonés que presenta fortes semellanzas na sintaxe e en certos usos semánticos coas linguas occitanorrománicas.
Segundo varios autores, tanto o occitano como o catalán deben clasificarse como galorrománicos, outros autores coinciden co occitano, pero consideran o catalán como iberorrománico, a clasificación está tan conturbada por que a división entre as linguas galorrománicas e as iberorrománicas é a fronteira entre o estado español e o estado francés, polo que a clasificación faise máis por cuestións territoriais que por razóns lingüísticas e históricas. Con todo, na súa forma escrita o catalán moderno e o occitano moderno son altamente intelixibles, e cunha porcentaxe de léxico similar ao existente entre o galego e o portugués. Algúns lingüistas e filólogos occitanos mesmo tentaron incluír o catalán como parte do diasistema occitano, xa que os lingüistas occitanos Pierre Bec e Domergue Sumien clasificaban ao catalán como unha variante occitana de tipo aquitano-pirinaico. De feito existen razóns fundadas para considerar ás linguas occitanorrománicas un grupo filoxenético válido, a diferenza das linguas románicas da Península Ibérica, que pertencen a varios grupos filoxenéticos.
Os autores occitanos Pierre Bec e Domergue Sumien describiran unha clasificación supradialectal do occitanorromance diviendolo en dous grupos (aquitano-pirinaico e auverno-mediterráneo) baseado nalgúns trazos fonéticos ou gramaticais.