Gascón Gascon | ||
---|---|---|
Falado en: | Francia, España | |
Rexións: | Aquitania e Mediodía-Pireneos en Francia, Val de Arán en España | |
Total de falantes: | 250.000 aprox | |
Familia: | Indoeuropea Linguas itálicas Linguas romances Linguas occitanorromances Occitano Gascón | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Val de Arán na forma aranesa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | oc
| |
ISO 639-2: | oci | |
ISO 639-3: | oci
| |
SIL: | OCI
| |
Mapa | ||
Status | ||
O gascón é a variedade máis occidental da lingua occitana, abondo diferente do resto dos dialectos do occitano, non só debido a un substrato vasco, se non que existen diferenzas léxicas, morfolóxicas e sintácticas propias do gascón que non se dan nos outros dialectos. Por estas diferenciacións algúns lingüistas afirmaron e afirman que se trata dunha lingua diferente.
O gascón divídese en varios subdialectos entre os cales domina por tradición secular a variedade bearnesa (que na parte pirenaica presenta unhas peculiaridades que o afastan do occitano). Estas variedades pirenaicas presentan tendencias peculiares como o artigo eth (feminino era), a conservación posible do son final átono polo grafema -a final e, máis localmente, uns plurais femininos en . O aranés, un subdialecto do gascón na zona pirenaica, transcribe xeralmente esta particularidade coa grafía -es no canto de -as). O bearnés, ademais das peculiaridades pirenaicas, presenta as mesmas variedades dialectais que o resto do gascón. A única discrepancia que existe hoxe en día é a maneira de escribir a lingua, habendo dúas formas distintas de grafías.
As principais variedades do gascón son:
A morfoloxía é moi conservadora e o léxico posúe unha serie de palabras características. Entre os préstamos procedentes do aquitano e do vasco antigo inclúense termos alusivos a plantas, animais, paisaxes, agricultura, clima e vida social.
Algunhas características léxicas e fonolóxicas: