Catalán occidental

Bloques dialectais do catalán.

O catalán occidental (català occidental) ou bloque occidental do catalán é o conxunto de dialectos do catalán falados no oeste de Cataluña (practicamente toda a provincia de Lleida, oeste de Tarragona e Terres de l'Ebre), na Franxa de Aragón, en Andorra e no País Valenciano.

Características xerais

A característica máis notable destes dialectos, a diferenza dos do catalán oriental, é a ausencia de neutralización en vogais átonas, é dicir, o paso de ‹a› e ‹e› átonas a e o de ‹o› átona a .

Ademais, as Ē (‹e› longas) e Ǐ (‹i› breves) tónicas do latín pronúncianse "e pechada" (cadena , alé , què ) mentres que no catalán oriental é "e aberta" ou "vogal neutra", nestas palabras. Tamén a vogal átona /e/ pode reducirse a diante de consoantes nasais e sibilantes: enveja /, espill , eixugar .

Tamén existen outras características fonéticas, gramaticais e léxicas diferenzadoras como:

  • Mantemento do son nos posesivos (meua, teua, seua)
  • A ‹x› inicial ou posconsoántica en .
  • Verbos incoativos en -ix, -ixen, -isca, etc.
  • Certo mantemento da nasal nos plurales de antigos proparoxítonos acabados en -n (hòmens, jóvens).
  • Certa presenza de diante de palatal sorda / no dígrafo -ix-.
  • Diferenciación do dubitativo en -a, perdida no catalán oriental, por exemplo: voler=vullga, tenir=tinga, venir=vinga.
  • Vocabulario específico:
    • Granera por escombra
    • Xiquet por nen
    • Espill por mirall
    • Palometa/paloma por papallona
    • Corder por xai
    • Melic por llombrígol
    • Pigota por verola

Dialectos

Forman parte do bloque occidental os seguintes dialectos:

BLOQUE OCCIDENTAL

Variedades dialectais do catalán

Bibliografía

  • Badia i Margarit, A.M. (1984). Biblioteca d'Estudis i Investigacions, ed. Gramàtica Històrica Catalana (en catalán). ISBN 84-7502-111-5.
  • Veny, Joan (2002) . «Síntesi de dialectologia». Els parlars catalans (en catalán) (13ª edición). Palma de Mallorca: editorial Moll. ISBN 84-273-1038-2.