Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sepultura | |
---|---|
Sepultura no Metalmania 2007 | |
Orixe | Belo Horizonte, Minas Gerais, Brasil, Brasil |
Período | 1984–presente |
Xénero(s) | death metal, thrash metal, groove metal |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | |
Antigos membros | |
Na rede | |
sepultura.com.br | |
Sepultura é unha banda brasileira de metal creada no 1984 polos irmáns Max Cavalera e Iggor Cavalera en Belo Horizonte. É considerada a banda brasileira de metal de maior repercusión no mundo, fronte outras como Angra ou Krisiun.
Posúe influencias diversificadas, que van dende o black metal e death metal, pasando polo thrash metal e mesmo inspiracións externas ao metal, como hardcore punk, música tribal africana e xaponesa e música indíxena, entre outros diversos estilos musicais.
Sepultura leva editados doce álbums de estudio dende a súa formación. Os seus discos máis exitosos son Arise (1991), Chaos A.D. (1993) e Roots (1996). A banda leva vendidos uns 3 millóns de copias nos Estados Unidos e 20 en todo o mundo, gañando varios discos de ouro e de platino.
A banda formouse no 1984. Por aquel entón, traducindo o tema de Motorhead “Dancing in your grave” (Bailando na túa sepultura) deron co nome apropiado para o grupo: Grave que en inglés significa Sepultura. A primeira demo da banda data de 1985 (mesmo ano do festival Rock In Rio) ata que os fichou unha pequena discográfica, "Cogumelo Produçoes", con quen gravan o seu primeiro E.P. "Bestial Devastation", compartindo o disco cunha banda chamada Overdose e o seu “Século XX".
Dado o éxito de vendas (máis de 5000 copias, que para unha banda Underground era unha cantidade considerable) Cogumelo Produçoes alíase con "Roadrunner Records" para lanzar o primeiro L.P da banda chamado Morbid Visions, co que comezaron a gañar seguidores con temas como War, Crucifiction, pero sobre todo con "Troops Of Doom", que se convertería no himno da banda por moitos anos. Nesta etapa Jairo T abandona a banda por razóns descoñecidas, sendo substituído por un mozo chamado Andreas Kisser. Agora é cando Sepultura realmente comeza.
En agosto de 1987 gravan Schizophrenia, un disco onde se nota a influencia deste novo guitarrista na banda, dándolle máis perfeccionismo e calidade. A banda faise coñecida en tódalas escenas "under" de moitas partes do mundo, con temas como Escape To The Void.
Roadrunner Records asegurou a Sepultura nas súas filas, e para 1989 xa teñen listo o seu terceiro LP, o disco que lles faría coller o pulo definitivo, Beneath The Remains, que contiña o segundo himno da banda: "Inner Self". Con el gañaron xiras por Europa e vendas que nunca pensaran acadar por seren difíciles para unha banda latinoamericana.
Agora debían facer outra entrega, que superara todo o anterior. Chegaba así en 1991 Arise. Se Beaneath The Remains lles deu a fama, Arise afianzaríaos como banda de culto. Sería precisamente este disco o que os levaría ao "Rock In Rio 2". Este disco é a culminación do estilo Death/Thrash da banda e dende aí comezaron a mutar paulatinamente a un son máis industrial cos seus dous seguintes álbums Chaos A.D 1993 e finalmente Roots 1996 (mezclado por Ross Robinson e coa participación de novas estrelas como Johnatan Davis de KoRn, DJ Lethal nos "scratches" e Mike Patton de Faith No More), dándolle así un estilo máis parecido ao nü metal agresivo. Aquí comezaron os problemas: a nova representante e esposa de Max, arranxaba os ensaios para que Max puidera adicarse a outros proxectos, o que ao resto da banda non lles gustou nada. Cando lle comunicaron a Max a decisión de cambiar de representante, este respondeu que se se ía ela, el tamén, e así foi, o mesmo Iggor comunicoulle o seu despedimento ao seu irmán, con quen aos 15 anos formara a banda.
Max foise e formou a banda Soulfly, coa que xa sacou varios discos. Sepultura conseguiu un novo vocalista, o norteamericano Derrick Green. Nos últimos discos evolucionaron musicalmente, fusionando o thrash metal, con ritmos máis hardcore, percusións xaponesas, e obras máis conceptuais. Os álbums que gravaron con Derrick son Against (1998), Nation (2001), Revolusongs (2002) -disco enteiramente de versións-, Roorback (2003) -un dos discos máis influenciados polo hardcore- e Dante XXI (2006) -obra conceptual baseada en La Divina Commedia de Dante. Este disco acadou moi boas críticas, sendo moi ben recibido polos seus seguidores e achegándose a un son máis thrash, incluíndo partes instrumentais de vento metal, violíns, arpas....
O día 13 de xaneiro de 2006, Iggor Cavalera decidiu tomarse un descanso temporal, mor da súa separación coa súa anterior muller e ao nacemento do seu cuarto fillo coa súa nova esposa. Foi temporalmente substituído por Roy Mayorga (ex-Soulfly, Stone Sour) na xira europea con In Flames. Despois de varias noticias desmentidas polo propio Iggor e polos demais membros de Sepultura, Iggor definitivamente abandonou a banda alegando incompatibilidades artísticas o día 12 de xuño de 2006. Sepultura deixou caer que Jean Dolabella (ex-Udora/Diesel), substituirao na súa próxima xira, e agora é o batería estable.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Morbid Visions | 1986 | Cogumelo Records |
Schizophrenia | 1987 | Cogumelo, Roadrunner |
Beneath The Remains | 1989 | Roadrunner |
Arise | 1991 | Roadrunner |
Chaos A.D. | 1993 | Roadrunner |
Roots | 1996 | Roadrunner |
Against | 1998 | Roadrunner |
Nation | 2001 | Roadrunner |
Roorback | 2003 | SPV GmbH |
Dante XXI | 2006 | SPV GmbH |
A-Lex | 2009 | SPV GmbH |
Kairos | 2011 | Nuclear Blast |
The Mediator Between Head and Hands Must Be the Heart | 2013 | Nuclear Blast |
Machine Messiah | 2017 | Nuclear Blast |
Quadra | 2020 | Nuclear Blast |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sepultura |