Vilarraso | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Vilarraso. | |
Concello | Aranga |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°10′52″N 8°01′44″O / 43.1811, -8.0288Coordenadas: 43°10′52″N 8°01′44″O / 43.1811, -8.0288 |
Área | 20,8 km² |
Poboación | 421 hab. (2018) |
Densidade | 20,24 hab./km² |
Entidades de poboación | 118 |
San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 421 habitantes (219 homes e 202 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.
A parroquia de Vilarraso ten unha superficie de 20,8 km² e 11 núcleos de poboación.
Está situada no sur do concello de Aranga e no extremo norte do arciprestado de Sobrado.
Limita ó norte coa parroquia de Muniferral; ó oeste coas de Fervenzas e Rodeiro (do concello de Oza-Cesuras); ó leste coa de Aranga; e ó sur coas de Fisteus, Curtis e Foxado do concello de Curtis.
Noroeste: Fervenzas | Norte: Muniferral | Nordeste: Aranga |
Oeste: Fervenzas e Rodeiro | Leste: Aranga | |
Suroeste: Fisteus | Sur: Curtis | Sueste: Foxado |
Está comunicada pola N-VI e pola AC-231, que inicia o seu percorrido na propia N-VI no lugar da Castellana en dirección Teixeiro (Curtis) e Sobrado. A A-9 atravesa a parroquia, existindo un acceso moi próximo na contigua parroquia de Muniferral.
No extremo sueste pasa un pequeno tramo de vía férrea da liña A Coruña-Palencia onde está situado o apeadoiro de Aranga, actualmente sen funcionamento, nos lugares do Apeadeiro de Orosa e do Apeadeiro (este último na parroquia de Aranga).
A parroquia naceu coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta. Eclesiasticamente foi formada por 19 lugares procedentes de 4 parroquias, 3 arciprestados e 2 concellos:
Lugares | Parroquia | Arciprestado | Concello |
---|---|---|---|
A Carballeira, Os Carneiros, A Casanova, A Castellana, Castrobó, Os Ferreiros, Santiso (de baixo), Solmé, Vilarraso e Vilourís | Muniferral | Xanrozo | Aranga |
Carballo Torto, A Graña, Orosa e Santiso | Aranga | Pruzos | |
A Espiñeira, A Gulpilleira, As Paredes e Vilardois | Curtis | Sobrado | Curtis |
Samel | Foxado |
Porén, a parroquia civil unicamente se formou cos lugares pertencentes ó concello de Aranga. De feito, no censo de 1887, Vilarraso aparecía composta só cos lugares procedentes da parroquia de Muniferral e aínda non incluía os de Aranga.
En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, perdendo a freguesía o lugar de Penas do Porto, o cal foi incorporado á parroquia de Curtis, igual cós lugares de Campos, Cencasas, Couceiros, A Lagoa e Porto da parroquia de Fisteus (Curtis).
1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1986 | 1991 | 1999 | 2000 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 421 | 812 | 794 | 791 | 865 | 902 | 843 | 797 | 688 | 593 | 602 | 552 | 525 | 520 |
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
528 | 526 | 512 | 504 | 492 | 481 | 474 | 467 | 455 | 453 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
442 | 440 | 442 | 435 | 424 | 418 | 428 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal) |
Gráfica de evolución demográfica de Vilarraso entre 1887 e 2017 |
Poboación de feito segundo o censo de poboación; non incluíndo Orosa, Carballo Torto e Santiso que seguen en Aranga. Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
O topónimo Vilarraso é un topónimo latino que fai referencia á orografía, que é a dun lugar ou vila situado nun terreo chan ou raso.
Na parroquia atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:
Nome | Lugar | Tipo | Idade |
---|---|---|---|
A Carbona/A Mámoa | Orosa | Túmulo megalítico | Neolítico |
Castrobó | Castrobó | Asentamento fortificado | Idade de Ferro |
Os Castros/A Chousa Vella | Vilourís | Asentamento fortificado | Idade de Ferro |
A Mámoa/A Medoña | Os Ferreiros | Túmulo megalítico | Neolítico |
A Mámoa | Penas do Porto | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoa da Formiga | Os Ferreiros | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoas das Penas I (15) | Penas do Porto | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoas das Penas II (3) | Penas do Porto | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoas do Petón (11) | A Carballeira | Túmulo megalítico | Neolítico |
As Medoñas (5) | Os Carneiros | Túmulo megalítico | Neolítico |
Medoñas de Laboreiro Queimado (5) | Montes de Orosa | Túmulo megalítico | Neolítico |
Petróglifo das Penas | Penas do Porto | Petróglifo | Indeterminado |
Lugares da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga | |
---|---|
O Apeadeiro de Orosa | A Carballeira | Carballo Torto | Os Carneiros | A Castellana | Castrobó | Os Ferreiros | Orosa | Penas do Porto | Santiso | Vilarraso | Vilourís |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilarraso, Aranga |