O 12 de xuño é o 163º día do ano do calendario gregoriano e o 164º nos anos bisestos. Quedan 202 días para finalizar o ano.
Acontecementos
Nacementos
- 1832 - Eduardo Gasset Artime, político e xornalista galego (m. 1884).
- 1847 - Teodosio Vesteiro Torres, escritor galego (m. 1876).
- 1887 - Julius Pokorny, estudoso das linguas celtas (m. 1970).
- 1897 - Anthony Eden, primeiro ministro británico (m. 1977)
- 1899 - Fritz Albert Lipmann, bioquímico norteamericano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1986)
- 1909 - Aquilino Iglesia Alvariño, escritor galego (m. 1961).
- 1921 - Luis García Berlanga, director e guionista de cinema español (m. 2010)
- 1924 - George Herbert Walker Bush expresidente de Estados Unidos e pai do tamén expresidente estadounidense George W. Bush
- 1929 - Anne Frank, vítima do Holocausto, famosa polo seu diario.
- 1941 - Chick Corea, músico norteamericano.
- 1942 - Bert Sakmann, fisiólogo alemán, Premio Nobel.
- 1946 - Konstantin Lopushansky, director de cine ucraíno.
- 1951 - Andranik Margaryan, primeiro ministro de Armenia (m. 2007).
- 1952 - Rosario Álvarez Blanco, filóloga galega.
Mortes
- 1152 - Henrique de Escocia, príncipe de Escocia (n. 1114).
- 1876 - Teodosio Vesteiro Torres, escritor galego (n. 1847).
- 1911 - Emilio Álvarez Giménez, escritor e político galego (n. 1847).
- 1912 - Frédéric Passy, economista francés, Premio Nobel da Paz (n. 1822).
- 1918 - Emilio Tapia Rivas, xornalista e político galego (n. 1862).
- 1948 - Celia Brañas Fernández, científica galega (n. 1880).
- 1962 - Benigno Varela Pérez, avogado, xornalista e político galego (n. 1872).
- 1971 - Julio Dávila Díaz, historiador, xeógrafo e escritor galego (n. 1871).
- 1982 - Karl von Frisch, zoólogo alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1886).
- 2003 - Gregory Peck, actor norteamericano (n. 1916).
- 2012 - Pahiño, futbolista galego (n. 1923).
- 2018 - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego (n. 1936).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: San Gaspar de Búfalo (presbítero)
Notas
Os 366 días do ano